Roteirríos 2013 polos canóns do Sil e do Mao (Ribeira Sacra) Imprimir
Envia Roteirríos 2013 polos canóns do Sil e do Mao (Ribeira Sacra) a FaceBookEnvia Roteirríos 2013 polos canóns do Sil e do Mao (Ribeira Sacra) a Twitter
sil.jpgEsta fin de semana do 11 e 12 de maio o Proxecto Ríos organiza o segundo Roteirríos do 2013. Desta volta achegarémonos á bacía do Sil para coñecer o seu patrimonio fluvial, as súas paisaxes e biodiversidade. O roteirríos será de dous días, a noite do sábado ao domingo a pasaremos no Albergue da Fábrica da Luz en Parada de Sil, equipamento turístico aberto recentemente ubicado nunha antiga fábrica da luz deste concello. Entre as actividades previstas está o sábado 10 un roteiro polo Canón do río Mao, dende Forcas até a Fábrica da Luz e o domingo 11 realizarnos un percurso circular polo Canón do Sil. O prezo da estancia é de 21€ e inclúe a cea do sábado, a durmida en liteiras e o almorzo do domingo.

O número de prazas é limitado se estás interesada/o en participar podes inscribirte por teléfono 981.57.00.99 ou por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ).

PROGRAMA
Sábado 10
11.00h Comezo do Roteiro en Forcas
12.30h Baixada ao río Mao
13.30h Xantar
15.00h Continuamos o roteiro
17.30h Parada nas tumbas antropomórficas
19.30h Chegada ao Albergue
21.30h Cea
Características do roteiro do sábado: A lonxitude aprox. é de 7 km. O percorrido é moi sinxelo xa que iremos todo o tempo pola antiga levadada da Fábrica da Luz que sigue a curva de nivel (700msnm) que nos ofrecerá unhas vistas impresionantes do Canón do Mao. Abandonaremos a levada para descender até o río a comer (este será o único tramo un pouco máis complicado) e despois retomaremos o camiño para seguir até o albergue.
Domingo 11
9.00h Almorzo
10.30h Comezo do Roteiro en Parada de Sil
13.30h Chegada ao Mosteiro de Santa Cristina e xantar
15.00h Continuación do roteiro
17.00h Chegada a Parada de Sil
Características do Roteiro do domingo: A lonxitude aprox. é de 12 km. O itinerario é circular e percorre varias aldeas e lugares da parte ourensana da Riberia Sacra, podendo desfrutar das vistas do Canón do Sil.

Durante os dous percorridos iranse facendo paradas explicativas sobre a zona, biodiversidade, etc.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com