ADEGA intégrase na rede de entidades locais pola compostaxe doméstica, "Composta en Red" Imprimir
Envia ADEGA intégrase na rede de entidades locais pola compostaxe doméstica, "Composta en Red" a FaceBookEnvia ADEGA intégrase na rede de entidades locais pola compostaxe doméstica, "Composta en Red" a Twitter
compostarede.jpgEste 5 de marzo tivo lugar en Rivas-Vaciamadrid a asemblea da "Red de Entidades Locales por el Compostaje Doméstico y Comunitario", COMPOSTA EN RED. Trátase dunha coordenadora de entidades locais de todo o estado que desenvolven experiencias de compostaxe doméstica e comunitaria. Xurde para dar pulo e fomentar a compostaxe doméstica e comunitaria, dado o seu importante papel na redución dos residuos orgánicos. Nos últimos anos proliferaron numerosas experiencias locais que están a  contribuir á redución en orixe dos residuos orgánicos e xerar un compost de calidade que a cidadanía aproveita directamente.

"Composta en Red" nace pois da necesidade de dotar de unha maior conexión e coordenación entre os distintos proxectos de compostaxe domestica e comunitaria para así conquerir a consolidación definitiva deste sistema de xestión dos residuos urbanos.
Dende ADEGA levamos un longo percorrido na promoción de este tipo de xestión da materia orgánica achegando o programa de compostaxe domestica a medio cento de concellos da Galiza. Por iso, consideramos acaído asistir a esta xornada informativa dentro da asemblea para coñecer os proxectos que están levando a cabo e intercambiar experiencias cos demáis integrantes, e xa que logo, facer parte desta rede de entidades locais pola compostaxe domestica e comunitaria.
Dende ADEGA acreditamos na utilidade do traballo en rede a todos os níveis, aínda que o noso ámeto de actuación sexa Galiza: sempre é arrequecedor coñecer e ter contacto con outras entidades que traballan na mesma liña, caso da compostaxe doméstica, o Proxecto Ríos ou as iniciativas de custodia do territorio, entre outras, programas en rede nos que ADEGA participa a nível galego, estatal e internacional.
Máis información: María R. Lafuente, responsábel dos programas de Compostaxe Caseira de ADEGA
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
628 378804/ 981 570099
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com