Os roteiros de ADEGA-Lugo despídense este curso cunha visita ás Augas Santas de Allariz Imprimir
Envia Os roteiros de ADEGA-Lugo despídense este curso cunha visita ás Augas Santas de Allariz a FaceBookEnvia Os roteiros de ADEGA-Lugo despídense este curso cunha visita ás Augas Santas de Allariz a Twitter

LaudasStaMarinhaEste vindeiro domingo 23 de xuño, ADEGA-Lugo convídate ao último roteiro deste curso 2012-2013 dedicado á Galiza Máxica. Visitaremos as terras de Allariz e o ineludíbel lugar de Santa Mariña de Augas Santas no que se respira un ambiente máxico e lendario. Tamén coñeceremos o equipamento de interpretación ambiental de O Rexo. A hora de saída será ás 8 da mañá desde Lugo e farase unha parada no lugar de Cambeo para recoller aquelas persoas que queiran vir de Compostela ou doutros lugares máis próximos a este punto. O propósito é regresar a tempo para as fogueiras de San Xoán. Vide con nós a despedir este curso de roteiros por todo o alto! Consultade e difundide este CARTAZ. Para máis información sobre os elementos a visitar, premede pdf+INFO.

O punto de saída do roteiro será o Centro de Interpretación Ambiental do Rexo. Neste lugar destaca a intervención na propia natureza do artista Ibarrola, así como tamén unha explotación de leite ovino para a produción de queixo. Despois de cruzar o Río Arnoia, e avanzar por fermosas paisaxes rurais, chegarase a Santa Mariña de Augas Santas. Xantarase preto das fontes do Martirio, aproveitando para comentar a lenda da Santa, así como coñecer outros elementos históricos e artísticos deste fermoso lugar. Remataremos cun roteiro etnográfico-arqueolóxico polo entorno do castro de Armeá, visitando a cripta da Igrexa da Ascensión, onde segundo a lenda se tentou queimar a bela Mariña; o Penedo da Moura e as ruínas do poboado galaico-romano da Atalaia. Rodeando o castro accederase ao xacemento arqueolóxico do Monte do Señoriño, no que destacan estruturas de época romana talladas na rocha.

SAÍDA

O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás 8.00 h. Faremos unha parada no lugar de Cambeo ás 9:45 horas para recoller ás persoas que veñan desde Compostela ou outros lugares próximos a este punto. 

Para poder participar é imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.

PREZOS

Xeral............................................................................................ 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro……….....................................12€
Soci@s........................................................................................ 10 €
Ata Ata 17 anos........................................ .................................... 5 €
 

Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s

ATA O OUTONO!!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com