Este mércores comeza o ciclo documental de ADEGA "A nosa Terra, a nosa Cultura" Imprimir
Envia Este mércores comeza o ciclo documental de ADEGA "A nosa Terra, a nosa Cultura" a FaceBookEnvia Este mércores comeza o ciclo documental de ADEGA "A nosa Terra, a nosa Cultura" a Twitter

ciclo cine webLugo, 27 de maio de 2013. Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, e dentro do proxecto “Cultura e Territorio” ADEGA pon en marcha un ciclo documental este mércores 29 de maio ás 20h no Museo Provincial de Lugo. Nesta primeira sesión do ciclo, proxectaranse dúas pezas documentais; “A memoria da lingua” e “A lingua galega, reflexións na etapa Feijoo”, tralas proxeccións procederase a realizar unha charla-coloquio cos autores das obras audiovisuais e un representante da Mesa pola Normalización Lingüística.

CICLO DOCUMENTAL “A NOSA TERRA, A NOSA CULTURA”

ADEGA plantexa este ciclo en diferentes sesións que permitan visualizar varias obras documentais sobre como o evoluir do tempo afectou negativa ou positivamente ao noso territorio, a nosa cultura e por tanto o noso país, reflexando o sentir e a experiencia daquelas persoas que o viviron, facendo así mesmo unha análise da situación actual coñecendo de onde vimos e cara onde imos.

Concebido como un cine forum, a primeira sesión terá lugar o día 29 de maio ás 20h no refectorio do Museo provincial de Lugo e o tema tratado será; A lingua.

Programa (1ª Sesión):

Proxeccións:

“A memoria da lingua” de As Candongas do Quirombo

Sinopse; 20 entrevistas a persoas de diferentes idades e condicións sociais aproxímannos á memoria histórica da lingua galega. Unha nova perspectiva para ollar o galego e para sacar do esquecemento a situación de represión que viviu e vive a nosa lingua. A través da historia viva das súas protagonistas achegámonos ao pasado máis recente da lingua galega e tamén á situación actual que está a vivir.

“A lingua galega, reflexións na etapa Feijoo” de Xosé Bocixa

Sinopse; O goberno da Xunta por parte de Feijóo constituíu un dos maiores atentados contra a lingua galega visto dende hai tempo, atacando a unha das súas bases: o ensino. Cando os poderes políticos non apoian a lingua resta a resistencia da sociedade para reclamar o que é seu.

CHARLA-COLOQUIO

Intervirán:

-Raquel Rei Branco. Realizadora e integrante do documental “A memoria da lingua”.

-Xosé Bocixa. Director do documental “A lingua galega, reflexións na etapa Feijoo”.

-Carlos Outeiro Baamonde. Vicepresidente da Mesa pola normalización Lingüística.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com