ADEGA-Lugo convídate a coñecer o litoral máxico de Lugo Imprimir
Envia ADEGA-Lugo convídate a coñecer o litoral máxico de Lugo a FaceBookEnvia ADEGA-Lugo convídate a coñecer o litoral máxico de Lugo a Twitter

xoveEste vindeiro domingo 26 de maio, celebrarase o penúltimo roteiro de ADEGA-Lugo pola Galiza máxica ou encantada. Este roteiro enmárcase no programa de roteiros 2012-2013 que pronto terá remate, no mes de xuño. Desta volta, non queremos despedirnos deste curso sen visitar os espazos nos que transcorren as innumerables lendas da Mariña luguesa, nomeadamente non concello de Xove. Aquel litoral máxico seranos guiado pola Asociación Mariñapatrimonio, entidades colaboradora con ADEGA, que coñece mellor que ninguén os valores patrimoniais e culturais da zona. Para participar neste roteiro titulado "Da Pena do Frade ao tesouro de Ceranzos" haberá que reservar praza chamando ao 982240299 ou 679113718 antes do vindeiro venres. Para máis información, descarga o CARTAZ.

A ruta será de aproximadamente 10 quilómetros, e de dificultade media-baixa. O punto de saída do roteiro será o porto de Morás. Dende este antigo porto baleeiro partiremos, atravesando unha paisaxe de formigón e dolos até a punta Morás, onde habita nunha curiosa formación rochosa un xigante frade de pedra. A partir deste punto entraremos nun dos tramos da nosa costa mellor conservados e menos maltratados polo bum urbanístico.

Ao longo deste traxecto uniranse á nosa comitiva Xoán e a súa cobra Ramonciña; as ánimas dos náufragos de Esteiro, a dos nenos mortos sen bautizar e a súa madriña; o rei do castro de Morás; o marqués da Illa de Sarón; Rodrigo de Coimbra; os frades de San Tirso e outros mouros e encantos que nos amosarán as súas seculares moradas.

O roteiro finalizará na praia de Esteiro, onde en 1979 rematou a marcha contra a instalación da central nuclear de Xove.

SAÍDA
O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (Av. Ramón Ferreiro) ás 9.00 horas.
Cada persoa levará a súa comida e roupa e calzado axeitados para o camiño.

PREZOS
Xeral: 15 €
Estudantes, parados/as e xubilados/as: 12 €
Socios/as: 10 €
Ata 17 anos: 5 €

RESERVA DE PRAZA

Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299. Recoméndase chamar antes do venres 24 de maio.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com