II curso de formación sobre os tóxicos: a limpeza do fogar Imprimir
Envia II curso de formación sobre os tóxicos: a limpeza do fogar a FaceBookEnvia II curso de formación sobre os tóxicos: a limpeza do fogar a Twitter
limons.jpgCompostela, 9 de febreiro de 2010. Os armarios dos nosos fogares convírtense nun auténtico laboratorio e escaparate de produtos químicos para rematar fácil e drastricamente coa suciedade e as “malignas” bacterias das casas. Case a totalidade dos limpadores conteñen susbtancias tóxicas que poderian evitarse ou substituirse por outras elaboradas  na casa con produtos naturais ou menos perigosos. Tamén existen no mercado unha gama ecolóxica de limpadores, insecticidas, repelentes… que empregan substancias biodegradábeis e minimamente perxudiciais para a saúde das persoas e do ambiente. No curso de formación de febreiro adicaremos a tarde do xoves 11 a elaborar e recopilar receitas de limpadores ecolóxicos. Cartaz Formacion toxicos II.pdf II Curso formación tóxicos (186 KB)

produtos.jpgNeste curso de formación de febreiro voltaremos a tratar os tóxicos no fogar dende a perspectiva daqueles produtos empregados para a limpeza da casa. Reflexionarase sobre a necesidade de mercar toda a gama de produtos que nos oferta a publicidade, recopilarase receitas de limpiadores artesanais máis limpos e na parte práctica elaboraranse algúns limpiadores para empregar en sustitución dos ofertados pola industria química. Sabemos realmente con que estamos a tratar?
A cultura do “un pouco máis por si acaso para que quede ben limpo” perxudicanos ou beneficanos? A limpeza que existe nos fogares na actualidade redunda na nosa saúde?… Son preguntas que están no ar.
Se estás interesado/a en participar e buscar resposta a estas cuestións achégate ao local nacional de ADEGA (Travesa dos Basquiños 9, baixo, Compostela), o xoves 11 de febreiro ás 17h.
Inscricións e información: María José Castro Fernández Tlf: 981570099; ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com