XI Xornadas de Formación de coordenadores/as de proxecto Ríos |
![]() |
![]() Descarrega o cartaz
![]() As xornadas serán logo o foro no que o voluntariado do Proxecto Ríos que o desexe faga aportacións e avalie os cambios propoñendo melloras, etc…. Os materiais de inspección están deseñados para vos polo que consideramos moi importantes as vosas suxestións. Por iso, animámosvos a participar neste curso de formación na que revisaremos os cambios na metodoloxía.
A sesión da tarde adicaremola como outros anos ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo.
PROGRAMA DAS XI XORNADAS DE FORMACIÓN 11.00 -Chegada e entrega de material 12.00 Dinámica participativa para avaliar os materiais 13.00 Saída ao río para avaliar os novos reactivos 14.00 Xantar 15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados 19.00 Clausura do curso Dado que hai un número limitado de plazas é preciso inscribirse, tanto por teléfono: 981.57.00.99 como através do correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ). A inscripción é gratuíta, só tedes que levar a comida. |