Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
A expo "Rir, por non chorar" chega hoxe a Monforte de Lemos PDF Imprimir Correo-e
Envia A expo "Rir, por non chorar" chega hoxe a Monforte de Lemos a FaceBookEnvia A expo "Rir, por non chorar" chega hoxe a Monforte de Lemos a Twitter

carpa exteriorHoxe, luns 24 de setembro ás 5 da tarde, ADEGA abrirá a súa exposición de humor gráfico “Rir, por no chorar” no Parque dos Condes de Monforte de Lemos. Despois da súa estadía en varias localidades da provincia, como en Lugo ou en Viveiro, a mostra desprázase á localidade de Monforte para achegar a aquelas terras unha visión retranqueira e irónica da problemática ambiental que vive o noso territorio. O obxectivo deste proxecto é concienciar sobre as ameazas e as agresións que pairan sobre o noso patrimonio natural e cultural. Por outra banda, intenta buscar solucións e propostas realmente sostibles e equilibradas de respecto ao noso entorno.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Amplíase o prazo para participar na II edición dos Concursos polo Territorio de ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia Amplíase o prazo para participar na II edición dos Concursos polo Territorio de ADEGA a FaceBookEnvia Amplíase o prazo para participar na II edición dos Concursos polo Territorio de ADEGA a Twitter

concursosT2Lugo, 19 de setembro de 2012.  Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, cuxo lanzamento tivo lugar o 16 de abril do pasado ano en Santiago de Compostela,  ADEGA convoca unha nova edición dos concursos de fotografías e de relatos co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Ademais lanza unha primeira edición dun concurso de curtametraxes. Até o 1 de novembro haberá prazo para presentar obras aos concursos de fotografía, relato e curtametraxes polo Territorio, patrocinados pola Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A proposta de delimitación do Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo é unha fraude PDF Imprimir Correo-e
Envia A proposta de delimitación do Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo é unha fraude a FaceBookEnvia A proposta de delimitación do Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo é unha fraude a Twitter

Camiño CarballidoLugo, 17 de setembro de 2012. O Foro do Camiño Primitivo, integrado por trinta entidades de carácter social, veciñal, cultural e ecoloxista (como ADEGA) e investigadores, cualifica o proxecto de delimitación oficial do Camiño Primitivo de Santiago, actualmente en exposición pública, como verdadeiro atentado contra os seus valores culturais e identidade histórica, e por ende, contra o expediente en trámite de declaración como patrimonio mundial pola UNESCO. Nunha primeira análise do documento, o Foro destaca o desatino do proxecto con respecto á proposta de delimitación do Camiño ao seu paso polo municipio de Lugo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta autorizou a COSMOS a converterse nunha incineradora encuberta “ponteando” a lei e burlando as sentenzas do TSXG PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta autorizou a COSMOS a converterse nunha incineradora encuberta “ponteando” a lei e burlando as sentenzas do TSXG a FaceBookEnvia A Xunta autorizou a COSMOS a converterse nunha incineradora encuberta “ponteando” a lei e burlando as sentenzas do TSXG a Twitter

cosmosasasina5 de setembro de 2012. A documentación que COSMOS apresentou para anovar a AAI (Autorización Ambiental Integrada) da súa cementeira do Oural, está deparando preocupantes sorpresas: Sorprende que a Xunta autorizara á empresa a queimar primeiro lamas de depuradora (maio de 2010), despois restos de coches, residuos urbanos e industriais (xullo de 2011) e finalmente rodas (maio de 2012), convertendo a COSMOS nunha SOGAMA bis. Sorprende tamén que a Sec. Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considerara “modificacións non substanciais” que unha cementeira pase a queimar materiais que son fonte de dioxinas, furanos, PCBs, HAPs e metais pesados, coa fin de eludir a Lei 16/2002 (IPPC). E sorpresa é tamén que unha administración sexa cómplice do incumprimento dunha sentenza do TSXG que declarou ilegal a queima de pneumáticos por COSMOS no centro do Oural, ao considerala actividade molesta, insalubre, nociva e perigosa. O que xa non sorprende tanto é ver á Xunta novamente do lado dos contaminadores antepoñendo o beneficio privado á saúde ambiental e cidadá.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Foro do Camiño considera raquítica a protección que a Xunta propón para a vía primitiva PDF Imprimir Correo-e
Envia O Foro do Camiño considera raquítica a protección que a Xunta propón para a vía primitiva a FaceBookEnvia O Foro do Camiño considera raquítica a protección que a Xunta propón para a vía primitiva a Twitter

CPrimitivoLucus Augusti, 11 de agosto de 2012.- Perante a saída a información pública da delimitación oficial da vía máis antiga a Compostela, o Foro do camiño primitivo reclamará que este proceso sexa a todos os efectos un paradigma exemplar na recuperación integral e protección do itinerario físico e patrimonio cultural e ambiental asociado a un camiño histórico de longo percorrido, actuación que deberá ter como premisa esencial a súa autenticidade. O Foro anuncia que, no caso de que a Xunta non estime unha protección da vía Primitva máis comprometida e rigorosa, pedirá á UNESCO a paralización cautelar do expediente de declaración de Patrimonio da Humanidade para o Camiño Primitivo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA