Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
ADEGA Lugo lévanos de roteiro ao Pico Sacro este domingo 20 de xaneiro PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA Lugo lévanos de roteiro ao Pico Sacro este domingo 20 de xaneiro a FaceBookEnvia ADEGA Lugo lévanos de roteiro ao Pico Sacro este domingo 20 de xaneiro a Twitter

pico sacroLugo, 16 de xaneiro de 2013. Este domingo 20 de xaneiro, ADEGA Lugo levaranos de roteiro ao Pico Sacro, outro dos lugares máxicos da nosa xeografía que forma parte do programa de roteiros da Galiza Máxica 2012-1013. Este emblemático elemento xeomorfolóxico pertence ao concello de Boqueixón e marca a última etapa da Ruta da Prata cara a Santiago. Está considerado o monte máxico de Galiza e lugar de morada da Raíña Lupa. Para reservar praza debedes chamar previamente ao 679113718 ou ao 982240299. Desta volta, o autobús fará unha parada en Compostela previa á andaina, ás 10.30 horas da mañá. Descarga o pdfCARTAZ.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA entregou hoxe os premios dos concursos de fotos, relatos e curtas polo territorio 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA entregou hoxe os premios dos concursos de fotos, relatos e curtas polo territorio 2012 a FaceBookEnvia ADEGA entregou hoxe os premios dos concursos de fotos, relatos e curtas polo territorio 2012 a Twitter

grupo premiadosLugo 7 xaneiro de 2013. ADEGA e o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, entregaron hoxe os premios do II Concurso Fotográfico “Fotografías polo territorio”, do II Certame de Relatos ‘O lugar onde vivo’ e do I Certame de Curtametraxes ‘E ti que é o que ves”, que organiza ADEGA en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Os tres certames en enmárcanse dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, nacida co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra, e están patrocinados pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Nesta edición achegáronse 50 fotografías, uns 40 relatos e 8 curtametraxes procedentes de toda a xeografía galega: Mugardos, Agolada, Lalín, Lugo, Cerceda, As Nogais, Vilar de Santos, Cedeira, Ourense, Ribeira, Brión, Arbo, Pontecesures, etc.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta denega a ERIMSA a explotación de seixo na Pastoriza atendendo a unha sentenza do contencioso de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta denega a ERIMSA a explotación de seixo na Pastoriza atendendo a unha sentenza do contencioso de Lugo a FaceBookEnvia A Xunta denega a ERIMSA a explotación de seixo na Pastoriza atendendo a unha sentenza do contencioso de Lugo a Twitter

erimsaLugo, 21 decembro de 2012. ADEGA vén de coñecer que, mediante resolución ditada o 3 de novembro de 2012, a S. X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas denegou a ERIMSA a autorización urbanística para a extracción de seixo metalúrxico en terreos do municipio da Pastoriza, dentro do ámbito da concesión “Alicia nº 5917. Este é o primeiro proxecto de explotación de cuarzo de Erimsa fallido na Terra Chá e que, seguramente, veña seguido da denegación da autorización urbanística dos restantes proxectos mineiros solicitados pola empresa para Castro de Rei e Cospeito. ADEGA, xunto con outros colectivos da zona e co propio concello da Pastoriza, alédase de ter gañado nos xulgados esta batalla contra a especulación de recursos e na defensa do rural, e agora ratificada por esta resolución administrativa.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Foro do Camiño Primitivo denunciará perante a UNESCO a delimitación fraudulenta do Camiño Primitivo PDF Imprimir Correo-e
Envia O Foro do Camiño Primitivo denunciará perante a UNESCO a delimitación fraudulenta do Camiño Primitivo a FaceBookEnvia O Foro do Camiño Primitivo denunciará perante a UNESCO a delimitación fraudulenta do Camiño Primitivo a Twitter

RP delimitacion2Lugo, 13 de decembro de 2012. O FORO DO CAMIÑO PRIMITIVO, do que fai parte ADEGA, anunciou hoxe en rolda de prensa que recorrerá á UNESCO, ao Comité do Patrimonio Mundial, e a ICOMOS-España para denunciar a fraudulenta delimitación do Camiño Primitivo, aprobada recentemente pola Xunta de Galiza. Esta deixa sen recuperar uns 50 quilómetros da traza orixinal, case a metade do seu percorrido total, e elude a protección dun cento de elementos patrimoniais asociados á vía histórica. É por iso que o FORO pedirá a estes organismos que condicionen a declaración do Camiño Primitivo como Patrimonio da Humanidade á protección, recuperación e posta en valor da vía orixinaria.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA recolle mañá sinaturas para ILP dos residuos na Biblioteca Provincial de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA recolle mañá sinaturas para ILP dos residuos na Biblioteca Provincial de Lugo a FaceBookEnvia ADEGA recolle mañá sinaturas para ILP dos residuos na Biblioteca Provincial de Lugo a Twitter

ILP-residuosLugo, 10 de decembro de 2012.- A delegación de Lugo da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a longo de todo o día de mañá martes, estará na Biblioteca pública de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro, desde as 10:30h ata ás 20 h, para recoller sinaturas en contra da incineración e a favor da redución, reutilización e reciclaxe. Estas sinaturas son recollidas para unha iniciativa lexislativa popular (I.L.P.) que ADEGA, entre outros colectivos, está a levar a cabo desde mediados de xuño en toda Galiza. O obxectivo que persegue esta campaña é dar forza xurídica á reciclaxe, frear e desbotar a incineración como sistema de tratamento de lixo que o Partido popular da Xunta quere perpetuar no país, e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA