Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
Exposición fotográfica sobre o Castro de Atalaia (Cervo) na Deputación de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia Exposición fotográfica sobre o Castro de Atalaia (Cervo) na Deputación de Lugo a FaceBookEnvia Exposición fotográfica sobre o Castro de Atalaia (Cervo) na Deputación de Lugo a Twitter
catalaiaEste luns 7 de xuño, ás 20 horas, no refectorio do Museo Provincial de Lugo inaugúrase a exposición fotográfica sobre o xacemento arqueolóxico do Castro da Atalaia, de San Cibrao-Cervo, que estará aberta ao público até o 20 de xuño. Con esta exposición, organizada por Mariña Patrimonio, coa colaboración de ADEGA e a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, preténdese dar a coñecer o valioso patrimonio arqueolóxico descuberto nesta illa a resultas das excavacións arqueolóxicas realizadas no sector norte. Baixa o CARTAZ DA MOSTRA
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Cultura atende ás alegacións de ADEGA sobre a nova estrada entre o Burgo (Lugo) e Palas de Rei PDF Imprimir Correo-e
Envia Cultura atende ás alegacións de ADEGA sobre a nova estrada entre o Burgo (Lugo) e Palas de Rei a FaceBookEnvia Cultura atende ás alegacións de ADEGA sobre a nova estrada entre o Burgo (Lugo) e Palas de Rei a Twitter

Capela_bartolomeu_1

Lugo, 26 de maio de 2010. No ano 2006, ADEGA denunciou ante a Consellaría de Cultura que a modificación da estrada LU-232 entre o Burgo (Lugo) e Palas de Rei, desde o quilómetro 3,3 ao 5,4, afectaba gravemente ao contorno da Capela de San Bartolomeu e ao seu contorno. A Capela está situada a carón do Camiño Primitivo a Santiago e dispón legalmente dun perímetro de protección de 100 metros ao seu redor. A estrada, tal e como estaba proxectada, pasaría moi preto da Capela, destruiría o emprazamento orixinal do Cruceiro de San Bartolomeu e case toda a carballeira na que se asenta.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA denuncia o Concello Lugo a falta de protección do patrimonio Cultural na Parroquia de Camoira. PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia o Concello Lugo a falta de protección do patrimonio Cultural na Parroquia de Camoira. a FaceBookEnvia ADEGA denuncia o Concello Lugo a falta de protección do patrimonio Cultural na Parroquia de Camoira. a Twitter

Chale na Parroquia de Camoira.Lugo 23 de maio do 2010. Vimos de recibir por parte do Servizo de Vixilancia e Inspección do Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza tres escritos co asunto referido á “Notificación do acordo de incoación do procedemento sancionador” e que fan referencia á construción de 3 chalés unifamiliares en Camoira, no núcleo rural, na parroquia de Santo Estevo de Camoira no concello de Lugo. O inicio deste expediente sancionador vén dado pola ausencia da necesaria e previa autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Máis concretamente o proceso iníciase pola “realización de obras de edificación... excedendo as obras autorizadas... e polo tanto se contar coa previa e preceptiva autorización da D.X. do Patrimonio Cultural”.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Roteiro polo Camiño Primitivo de Paravella (Fonsagrada) ao Cádavo (Baleira) PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro polo Camiño Primitivo de  Paravella (Fonsagrada) ao Cádavo (Baleira) a FaceBookEnvia Roteiro polo Camiño Primitivo de  Paravella (Fonsagrada) ao Cádavo (Baleira) a Twitter

foto_roteiro_paradavella__lugo.Este domingo 23 de maio percorreremos outra etapa do CAMIÑO PRIMITIVO que, aínda que marca o inicio da cultura xacobea universal e transcorre por lugares de interese histórico e ambiental, é obxecto de innumerábeis alteracións que merecen ser coñecidas e denunciadas. O punto de inicio do roteiro será o núcleo de Paradavella, pertencente ao concello de A Fonsagrada, no que poderemos contemplar algúns exemplos da arquitectura tradicional desta área de montaña.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA reclama a caducidade dunha concesión hidroeléctrica de hai 88 anos no río Eo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA reclama a caducidade dunha concesión hidroeléctrica de hai 88 anos no río Eo a FaceBookEnvia ADEGA reclama a caducidade dunha concesión hidroeléctrica de hai 88 anos no río Eo a Twitter

Concentración de protesta

Lugo, 14 de maio de 2010. ADEGA vai apresentar alegacións ao proxecto e Estudo de Impacto Ambiental da solicitude de rehabilitación do dereito de concesión, autorización e declaración de utilidade pública dun aproveitamento hidroeléctrico no río Eo, cuxa concesión data do ano 1922!. A antigüidade da concesión, a falta de xustificación na actualidade, a protección ambiental da zona (Reserva da Biosfera e LIC) e as consecuencias sociais da minicentral, son motivos máis que suficientes para que a declaración de impacto ambiental sexa resolta negativa e, ao tempo, dispóñase a caducidade definitiva da concesión. ADEGA convoca unha charla informativa sobre os potenciais impactos da minicentral e as medidas a tomar este sábado 15 de maio, ás 5 da tarde na escola vella do Chao do Pousadoiro (Ribeira de Piquín). Cartaz do ACTO INFORMATIVO (121 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 Seguinte > Final >>

Páxina 24 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA