Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
ADEGA informa á CH Miño-Sil sobre os recheos no río Rato PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA informa á CH Miño-Sil sobre os recheos no río Rato a FaceBookEnvia ADEGA informa á CH Miño-Sil sobre os recheos no río Rato a Twitter

recheos_Rato_1Lugo, a 23 de xullo de 2010.- A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) en Lugo vén de presentar perante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e ante o Seprona o anunciado informe no que sinala, baixo coordenadas, os puntos da parte alta do río Rato afectados por recheos irregulares, así como as zonas nas que o seu caudal se perde polos antigos colectores.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA denuncia varios recheos e fugas de caudal na parte alta do río Rato. PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia varios recheos e fugas de caudal na parte alta do río Rato. a FaceBookEnvia ADEGA denuncia varios recheos e fugas de caudal na parte alta do río Rato. a Twitter

Recheos_rio_RatoLugo, a 19 de xullo de 2010.-A parte alta do río Rato estase a ver afectada gravemente polos recheos executados á altura do novo polígono das Gándaras, do Centro comercial das Termas e no polígono do Ceao, que están reducindo a superficie das zonas húmidas nas que nace o afluente do Miño e que o abastecen de auga durante todo o ano, coa consecuente e progresiva redución de caudal. ADEGA xa denunciou en varias ocasións as afectacións das obras do polígono das Gándaras sobre o regato, pero non é o único punto negro. Á altura do polígono do Ceao, na zona na que está instalada a antiga planta de alcatrán, centos de metros cadrados de zona húmida, da que tamén se abastece o Rato, foron taponados con toneladas de terra. E poucos metros máis abaixo do centro comercial das Termas, preto do Parque de Bombeiros, na antiga Agra de Cedeira, os recheos realizados de hai algo máis de un ano, afectaron tamén a un pequeno nacemento de auga que ía dar ao río Rato e cuxo destino agora é descoñecido.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Nace o Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia Nace o Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA a FaceBookEnvia Nace o Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA a Twitter
RP_foro_3Lugo, 07 de xullo de 2010.- Hoxe tivo lugar en Lugo a presentación pública do FORO DO CAMIÑO PRIMITIVO formado por varios colectivos, asociacións (entre elas ADEGA) e institucións relacionadas coa defensa da cultura, do patrimonio e do ambiente galego. Centrará a súa actividade na loita contra as agresións que actualmente está a sufrir ao longo de todo o seu percorrido a vía primitiva, así como na demanda de medidas para a súa posta en valor. Instaremos ás institucións públicas a cumprir coa súa obriga de protexer este patrimonio histórico-cultural através dos intrumentos legais dos que dispoñen. Para poñerse en contacto co Foro pódese utilizar o enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Rematan os roteiros de ADEGA-Lugo cun percurso reivindicativo polo río Xallas PDF Imprimir Correo-e
Envia Rematan os roteiros de ADEGA-Lugo cun percurso reivindicativo polo río Xallas a FaceBookEnvia Rematan os roteiros de ADEGA-Lugo cun percurso reivindicativo polo río Xallas a Twitter

xallas07Lugo, 22 de xuño de 2010. O domingo 27 de xuño, remataremos o ciclo de roteiros 2009-2010 de ADEGA-Lugo na Costa da Morte. Achegarémonos alí, como símbolo do final dos camiños que van na busca do Sol, e tamén por unha causa reivindicativa: a defensa do río Xallas. Sairá un bus desde Lugo (fronte a Escola de Maxisterio) ás 8:00 horas, e dende Compostela (Pazo de Congresos, San Lázaro) ás 9:30 horas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA colabora co Colexio Galén de Lugo polo Día do Medio ambiente PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA colabora co Colexio Galén de Lugo polo Día do Medio ambiente a FaceBookEnvia ADEGA colabora co Colexio Galén de Lugo polo Día do Medio ambiente a Twitter
foto_galenLugo, 11 de xuño de 2010.-O Colexio de Galén de Lugo convidou a ADEGA a realizar unha charla obradorio con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. A ponencia foi a cargo de Adela Figueroa, vogal de transportes e membro da Directiva da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), coa colaboración do Departamento de Ciencias de Bioloxía e Xeoloxía do Colexio Galén. Esta sesión de traballo realizouse con 36 alunos/as de entre 10 e 12 anos. Nela traballáronse conceptos, actitudes e propostas de resolución, sobre a temática á que a ONU adica este ano para a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente: “Moitas especies. Un Planeta. Un Futuro”.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 Seguinte > Final >>

Páxina 23 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA