Lugo, a 29 de outubro de 2010. ADEGA Lugo vén de apresentar o seu programa de roteiros para o curso 2010-2011 que, desta volta, estará dedicado á lingua como principal eixo de conexión patrimonial e cultural entre os galegos e galegas, xunto coa paisaxe e o territorio de Galiza. O obxectivo é recoñecer e potenciar a lingua propia como vehículo de vida, entendemento e expresión do medio que nos arrodea para non deixar esmorecer o que constitúe o principal elemento da nosa identidade, hoxe ameazada. Descarrega o PROGRAMA de ROTEIROS 2010-2011 (0,5 Mb) .
|
Ler máis...
|
|
Lugo, a 27 de outubro de 2010.- Onte pola mañá varios membros de ADEGA quixeron entregar ao ministro de Fomento, Xosé Blanco, na súa visita a Lugo, un escrito de petición da posta en marcha dun tren de proximidade entre Lugo e Santiago; sen embargo, o escrito foi desprezado polo ministro, quen "pasou a pelota" ao tellado da Xunta de Galiza dicindo que o tren Lugo-Santiago non é da súa competencia. Na foto, dúas membros de ADEGA fronte ao ministro intentando entregarlle o documento.
|
Ler máis...
|
Lugo, a 19 de setembro de 2010.- Unhas 60 persoas participaron onte no roteiro reivindicativo, organizado polo BNG de O Corgo, para opoñerse á execución da miniscentral de Tosende, promovida por Hidroeléctrica de Tosende S.L., propiedade de Luis Castro Valdivia, no lugar da Fervenza (O Corgo). Denomínase así este lugar por ser o salto natural máis alto do cauce do Miño. A empresa promotora pretende unha aproveitamento do caudal de 1.000 m 3 por segundo, coa instalación dun salto de 3 metros de alto e dúas turbinas de 80 m 3/s e 20 m 3/s, respectivamente. O Ministerio de Medio ambiente, rural e mariño, acáballe de dar luz verde ao proxecto, a pesares de estar localizado nunha zona de especiais valores ecolóxicos e ambientais e dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño. |
Lugo, a 19 de setembro de 2010. Unhas 500 persoas e diversos colectivos, entre eles ADEGA, participaron este sábado no roteiro reivindicativo e na I Festa de Exaltación do Cemento de Barreiros, organizada pola plataforma “Máis talento, menos cemento”. Ambos os dous actos trataron de amosar a oposición dunha grande parte dos veciños da localidade costeira á política urbanística caótica e desatada do actual alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, actualmente denunciado pola Fiscalía por un presunto de delicto de prevaricación urbanística.
|
Ler máis...
|
Lugo a 07 de setembro de 2010.- Máis dun cento de persoas participaron o pasado domingo día 5 de setembro no roteiro reivindicativo organizado pola Plataforma “Salvemos o Río Eo” do concello de Ribeira de Piquín. A marcha tivo como obxectivo reclamar unha vez máis a caducidade da concesión dunha minicentral hidroeléctrica a instalar no río Eo. O percorrido foi de 10 quilómetros desde a Ponte de Mede ata o lugar coñecido como Os Congos (penso que se chama Os Cangos), seguindo a zona que se vería máis afectada de se executar o proxecto.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 Seguinte > Final >>
|
Páxina 22 de 26 |