"Rir, por non Chorar" Festival de humor polo territorio este sábado en Lugo Imprimir
Envia "Rir, por non Chorar" Festival de humor polo territorio este sábado en Lugo a FaceBookEnvia "Rir, por non Chorar" Festival de humor polo territorio este sábado en Lugo a Twitter

cartel fes humor definitivo copyLugo, 27 de novembro de 2012. ADEGA convídate este sábado, día 1 de decembro ao I Festival de humor “RIR, POR NON CHORAR”, ás 20 horas, no Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos). Os artistas Carlos Blanco, Isabel Risco e Leo i Arremecaghoná encargaranse de facernos "rir, por non chorar" a través da súa análise irónica e retranqueira de como se está a xestionar o territorio galego, nomeadamente, o medio natural. Todas aquelas persoas que queiran acceder a esta cita co humor e o medio ambiente terán que traer un par de pilas gastadas ou unha lámpada fundida para que entre todos e todas poidamos “cargarnos as pilas e renovar as ideas na defensa do noso territorio”. E de paso, fomentar a reciclaxe. O acto enmárcase dentro do proxecto Cultura e Territorio de ADEGA, en colaboración coa Área de cultura da Deputación de Lugo, que, á súa vez, está dentro da Campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio", a prol dunha ordenación territorial sustentábel.

desconcerto expansivoDurante este ano 2012, ADEGA xa ten impulsado actividades dentro desta campaña como a exposición itinerante de humor gráfico “Rir, por non chorar”, as xornadas “A cultura do Monte”, os concursos de relatos (“O lugar onde vivo”), fotografía (“fotografías polo territorio”) e curtas (“E ti, que é o que ves?”), e varias charlas-obradoiro nos centros de ensino da provincia.

Nesta ocasión, o Festival tamén formará parte dos actos reivindicativos aderidos ao programa “Des-concerto Expansivo” de Burla Negra, que conmemora o décimo aniversario desta iniciativa e da catástrofe do Prestige. Deste xeito, ao remate das actuacións, arredor das 22 horas, procederase á lectura do manifesto “expansivo” e do “des-cálogo”.

O AFORO É LIMITADO!

ORGANIZA: ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.

APOIA: Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

Máis información:  667096124.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com