Un cento de persoas visitaron "Rir, por non chorar" en Monforte Imprimir
Envia Un cento de persoas visitaron "Rir, por non chorar" en Monforte a FaceBookEnvia Un cento de persoas visitaron "Rir, por non chorar" en Monforte a Twitter

expo MonforteLugo, 28 de Setembro de 2012.- Un cento de persoas achegáronse á carpa que ADEGA instalou no Parque dos Condes de Monforte de Lemos e que albergou a exposición itinerante de humor gráfico “Rir por non Chorar” desde o pasado día 24 até o 27 de setembro. Pese ao mal tempo foron moitos os cidadáns que disfrutaron da exposición e incluso colaboraron coa mesma traendo viñetas de creación propia. Esta exposición está enmarcada dentro dos actos do Proxecto “Cultura e Territorio” que ADEGA leva a cabo durante este ano 2012, un proxecto cuxo obxetivo é divulgar as ameazas que se cernen sobre o noso patrimonio natural e cultural ademáis de buscar solucións e propostas realmente sostibles e equilibradas de respecto ao noso entorno.

A mostra conta coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo e nela participan humoristas gráficos e ilustradores de toda Galiza, entre os cales destacan; Pinto & Chinto, Leandro, Guitián e Calros Silvar. Durante catro días, esta exposición brindou a todos os cidadáns unha oportunidade para achegarse as problemáticas ambientais galegas dende outro prisma, a través da ironía e a crítica.

A exposición xa pasou, ademais de por Monforte, por Viveiro e Lugo, onde foi inaugurada o pasado 3 de xullo e ten vocación de desprazarse a outros concellos da provincia de Lugo. A exposición é gratuíta e está aberta a todos os públicos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com