A expo "Rir, por non chorar" chega hoxe a Monforte de Lemos Imprimir
Envia A expo "Rir, por non chorar" chega hoxe a Monforte de Lemos a FaceBookEnvia A expo "Rir, por non chorar" chega hoxe a Monforte de Lemos a Twitter

carpa exteriorHoxe, luns 24 de setembro ás 5 da tarde, ADEGA abrirá a súa exposición de humor gráfico “Rir, por no chorar” no Parque dos Condes de Monforte de Lemos. Despois da súa estadía en varias localidades da provincia, como en Lugo ou en Viveiro, a mostra desprázase á localidade de Monforte para achegar a aquelas terras unha visión retranqueira e irónica da problemática ambiental que vive o noso territorio. O obxectivo deste proxecto é concienciar sobre as ameazas e as agresións que pairan sobre o noso patrimonio natural e cultural. Por outra banda, intenta buscar solucións e propostas realmente sostibles e equilibradas de respecto ao noso entorno.

Durante catro días, até o 27 de setembro, “Rir, por non chorar” amosará 36 obras elaboradas para tal fin por preto dunha vintena humoristas gráficos e ilustradores de toda Galiza, tales como Pinto & Chinto, Leandro, Guitián, Calros Silvar, Alberto Okidoki, Almudena, Dávida, Idoia de Luxán, Mª Carmen Ferrín, Rooster, Sergio Covelo, Marcos Beltrán, Quico, Zamudio, Miguel Fernández, Jorge Alba, Alfredo López “Tokio”. A mostrará estará instalada nunha carpa ao aire libre no Parque dos Condes e nela haberá un espazo para que aqueles que así o desexen colaboren cos seus debuxos ou mensaxes.

Para a realización deste proxecto, enmarcado dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo Territorio; por unha ordenación territorial sustentábel” ADEGA contou coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com