ADEGA apoia as denuncia de SOS CAUREL sobre a destrución da vexetación autóctona co apoio da Xunta Imprimir
Envia ADEGA apoia as denuncia de SOS CAUREL sobre a destrución da vexetación autóctona co apoio da Xunta a FaceBookEnvia ADEGA apoia as denuncia de SOS CAUREL sobre a destrución da vexetación autóctona co apoio da Xunta a Twitter
Lugo, a 15 de marzo de 2010.destrucion_de_uceiras_protexidas_no_caurel.jpg ADEGA apoia as denuncias de SOS COUREL sobre a actitude de irresponsabilidade da Xunta e da empresa TRAGSA que está a executar a "rexeneración hidrolóxico-forestal" do monte das Lampas, e demanda das autoridades competentes que fagan cumprir a lexislación con respecto á protección dos hábitats para evitar a destrución da riqueza natural e cultural do Courel. Como denunciou SOS Courel, ditas actuacións están destruíndo uceiras protexidas que son decapadas por buldóceres e en plena época de cría dos animais silvestres.

Como denunciou SOS Courel, ditas actuacións están destruíndo uceiras protexidas que son decapadas por buldóceres e en plena época de cría dos animais silvestres.

Estas actuacións fanse co obxectivo de plantar milleiros de piñeiros e para realizar de xeito ocioso pistas e “corta-lumes”, facendo desaparecer todo rastro de vexetación autóctona e atentando contra a integridade do lugar.

destrucion_do_bosque_natural_para_plantar_pinos_no_caurel.jpgADEGA non se pode explicar como unha das zonas con maior biodiversidade de Galiza e protexida polas normas urbanísticas máis estritas ao pertencer á Rede de Espazos protexidos, Rede Natura, poida ser vítima de tal agresión ecolóxica efectuada ademais con fondos públicos.

ADEGA solicita, así mesmo, que os fondos que en teoría foron dotados para a restauración forestal, se invistan en verdade na recuperación dos bosques e matogueiras autóctonos da Serra, tal e como debera ser desde un comezo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com