Asemblea aberta por outra alternativa ao tren do Porto Exterior Imprimir
Envia Asemblea aberta por outra alternativa ao tren do Porto Exterior a FaceBookEnvia Asemblea aberta por outra alternativa ao tren do Porto Exterior a Twitter

Señal trenNo ano 2010 unha trintena de entidades sociais Ferrolterrás de moi diversa índole (asociacións de viciños, deportivas, culturais, ecoloxistas, partidos políticos, etc.) presentaron alegacións ao proxecto de construcción do tren ao Porto Exterior de Ferrol. (neste enlace póden cunsultarse as alegacións que presentou ADEGA-Ferrolterra de xeito particular).

Fai poucos días que se abriu o plazo de licitación do proxecto de construcción, que supón eso para este proxecto? cales son os paso que se deben dar para continuar a opoñerse? Co fin de dar resposta conxunta a estas cuestións, estas entidades sociais autoconvócanse para debatir sobre o tema.

A construcción desta infraestructura, lonxe de traer riqueza á comarca, só vai traer destrucción do medio ambiente, ademáis de non ter unha viavilidade económica clara, vai ser construida do xeito máis agresivo para o medioambiente, condenando á morte a Ensenada da Malata. Esta ensenada, ademáis de conservar certos valores naturais, sirve de zona de ocio a moitos ferroláns e ferrolás.

ADEGA-Ferrolterra promove esta asemblea que está aberta á participación de toda a cidadanía de Ferrolterra e que terá lugar no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas o mércores 30 de Xaneiro ás 20h.

Nesta ligazón podes descargar o cartaz: http://i46.tinypic.com/2n7nzgz.png

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com