ADEGA denuncia unha vertedura de augas fecais no río Sardiña Imprimir
Envia ADEGA denuncia unha vertedura de augas fecais no río Sardiña a FaceBookEnvia ADEGA denuncia unha vertedura de augas fecais no río Sardiña a Twitter

Vertedura rio sardina bFerrol, 1 de Outubro de 2012.- A delegación de Ferrolterra denunciou unha vertedura de augas fecais que se está a producir no río Sardiña. A citada vertedura prodúcese a través dun tubo de augas pruviais no punto no que este río se cruza coa estrada de Xoane.

Esta vertedura é unha de tantas das que se están producir na comarca, que non fai máis que aumentar a contaminación que chega á Ría. Neste caso, e ao producirse nun río, unha zona máis sensible á contaminación, é aínda máis grave. Ademáis, este tramo de río onde se produce a vertedura é unha zona ben conservada, que mantén unha vexetación e fauna saudables, gracias ao esforzo dalgúns viciños que se encargan de limpar a zona.

Ademáis, ADEGA quere recordar que segue sen estar en funcionamento a EDAR de Prioriño, que inicialmente ía estar rematada no ano 2000, e que acumula xa un retraso de 12 anos. Tamén quere alertar que moitas das canalización de augas fecais non están conectadas co tubo colector que as levará á EDAR, e que moitas das infraestructuras que se construiron esta canalización (como as bombas para impulsar estas augas para a EDAR) estarán xa obsoletas cando entre en funcionamento a EDAR. Tamén quere resaltar que moitas canalizacións seguen a ser conxuntas de augas pluviais e fecais, cando xa deberían estar separadas.

Unha vez máis, esta nova vertedura pon de manifesto, a deixadez por parte do Concello e a empresa de augas municipal (EMAFESA) no control dos entubados de augas pluviais e fecais, a nefasta xestión de residuos que está a levar a cabo tanto a xunta como o goberno español.

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com