Adega
INICIO Delegacións Condado / Paradanta Máis de 3500 sinaturas contra a contaminación dos ríos Deva e Ribadil
Máis de 3500 sinaturas contra a contaminación dos ríos Deva e Ribadil PDF Imprimir Correo-e
Envia Máis de 3500 sinaturas contra a contaminación dos ríos Deva e Ribadil a FaceBookEnvia Máis de 3500 sinaturas contra a contaminación dos ríos Deva e Ribadil a Twitter
depuradora_da_caiza.jpgA Cañiza, 14 de novembro de 2008. ADEGA fixo esta mañán entrega no concello da Cañiza dunha petición asinada por mais de 3500 cidadáns residentes na comarca do Condado e da Paradanta. Nela os asinantes pídenlle ao alcalde da Cañiza, o popular César Mera, que poña fin os vertidos ilegais que dende hai anos están a contaminar gravemente os ríos Deva e Ribadil.

O concello da Cañiza ten a obriga legal de depurar as augas residuais urbanas e de controlar os vertidos industriais das empresas que verten a rede de saneamento municipal, coidando que a natureza de estes vertidos non danen o propio sistema de saneamento e depuración, nin a saúde das persoas nin o medio ambiente.
Desgraciadamente, isto é algo que non está acontecendo e que ADEGA e os veciños do Condado e da Paradanta veñen denunciando dende hai anos.
contaminacion_extrema_no_rio_deva.jpgAté o de agora foi nula a resposta obtida por parte dos mandatarios municipais. A desidia municipal, ao non exercer con responsabilidade as súas competencias en materia de saneamento, é a causa fundamental da contaminación dos dous ríos mencionados, do corte do sumistro de auga para usos domésticos que sofren veciños dos municipios de Arbo e Crecente e da contaminación das levadas que se abastecen do río.
Tamén é causa de que sexan os propios cidadáns da Cañiza os que finalmente acaban pagando estas sancións que lle impón ó concello a Confederación Hidrográfica do Norte cada vez que constata que hai vertidos contaminantes da Cañiza ós ríos Deba e Ribadil.
Estas multas non deberían recaer sobre os cidadáns da Cañiza senón sobre os responsables da contaminación. Esta procede maiormente das industrias do polígono municipal que emiten á rede de saneamento os seus vertidos sen os tratamentos adecuados e sen asumir as súas obrigas medioambientais.
A depuradora municipal que non está deseñada para tratar estes residuos de carácter industrial deteriorase e remata por inutilizarse polos residuos xenerados polas empresas. Non parece lóxico que os beneficios da actividade industrial sexan para os empresarios e o custe da depuración dos residuos para o resto dos cidadáns.
Os titulares desas empresas deberían ter presente que teñen obrigas legais e responsabilidades sociais e que o tratamento adecuado dos residuos é parte do proceso productivo.
12_de_xuo_016.jpgSemella que hai titulares destas empresas que actúan con olímpica indiferencia polas normas básicas que esixen que cando nas súas instalacións se produce de forma accidental un vertido que pode ir a parar ao medio ambiente, deben de alertar coa maior rapidez posible ás autoridades competentes (somos os veciños ou os ecoloxistas os que temos que alertar ás autoridades dos vertidos).
Tamén esquecen con evidente desprezo pola saúde das persoas, polo seu modo de vida e polo medioambiente, que os vertidos van para un río que é valioso en si mesmo, xerador de riqueza, que abastece de auga á poboación, e que alberga especies de gran valor ecolóxico.
En ADEGA queremos mostrar o noso profundo agradecemento ás persoas que coa súa sinatura expresaron o mesmo desexo ca nos, que rematen unha vez os vertidos que están a destruír os ríos Deva e Ribadil.
Tamén queremos agradecer a inestimable colaboración dos comerciantes da comarca que espuxeron nos seus comercios o documento de recollida de sinaturas para que o firmasen os seus clientes. Debemos recordar que os ríos son de todos nós, e das xeracións futuras, que a destrucción do seu hábitat, e a destrucción do noso propio hábitat, do noso, do de todos. Recordar tamén que é unha destrucción absurda porque se pode evitar.
vertido_no_rio_deva_despois_da_depuradora.jpgAos titulares de empresas lembrarlle que é posible o desenvolvemento económico e a preservación do medioambiente. Non só non hai contradicción senón que un medio natural san é fonte de riqueza.
Ás persoas que teñen responsabilidades políticas lembrarlles que incumpre con sentido esencial da súa función cando non poñen freo a destrucción dun patrimonio que é de todos e que as leis obrigan a protexer.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA