Adega
INICIO Delegacións Compostela Formigón para o AVE, ou como eludir a lexislación ambiental
Formigón para o AVE, ou como eludir a lexislación ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia Formigón para o AVE, ou como eludir a lexislación ambiental a FaceBookEnvia Formigón para o AVE, ou como eludir a lexislación ambiental a Twitter

2 de xullo de 2010. A construción do AVE precisa inxentes cantidades de formigón. Supostamente as empresas locais non poden respostar á demanda e recórrese a construir novas fatorías. Para o treito Dodro-Padrón proponse a construción dunha fábrica de formigón no polígono de Pazos, a 150 m do Sar (LIC Ulla-Deza) e a menos de 200 m do núcleo de Pazos. Malia a ser unha actividade potencialmente contaminante polo alto nível de ruido, a emisión de pó e as verteduras, e a situarse a carón das casas e da Rede Natura, a fatoría non vai precisar de avaliación ambiental. A súa actividade pretende ser "temporal", exactamente 23 meses. Deste xeito elúdese a obrigatoriedade da avaliación que fixa o Decreto 133/2008 (que substituiu ao RAMINP), necesaria se a fatoría vai ter unha actividade superior aos dous anos (24 meses).

PazosAlén disto, o concello de Padrón non contempla a autorización para o uso como fábrica de formigón da parcela nº 78 no case baleiro polígono de Pazos, casualmente propiedade da muller do actual alcalde de Rois. A sorprendente celeridade coa que estase a tramitar esta obra por parte do concello, a sospeitosa duración da actividade (23 meses), xusto 1 menos que e o preciso (24 meses) para pasar o trámite ambiental, e o silencio da Xunta, que debería emitir unha resolución motivada para non someter a actividade a incidencia ambiental (artigo 2, apartado 2 do decreto 133/2008), fan pensar que estamos perante a tramitación irregular dunha actividade contaminante con vocación de permanencia en Pazos. Isto último deducímolo tamén do propio proxecto visado e presentado pola promotora, "Hormigones Taboadela, S. L,": "El objeto del presente proyecto es el diseño de cimentaciones en instalación temporal (para un año y once meses) de una planta de dosifixcación de áridos y cementos quedando prevista de conjunto de amasado para uso futuro".
ADEGA solicita á Xunta e ao concello de Padrón que respecten a lexislación de protección ambiental e a salvagarda da saúde pública, en troques de aproveitar fendas legais para "pontear" o procedemento e favorecer unha determinada actividade. Nen o AVE nen ningunha infraestrutura pode estar por riba do dereito á saúde a ao medio ambiente da cidadanía!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA