Parcicipa con ADEGA e o Proxecto Ríos nas actividades do Día Mundial da Auga Imprimir
Envia Parcicipa con ADEGA e o Proxecto Ríos nas actividades do Día Mundial da Auga a FaceBookEnvia Parcicipa con ADEGA e o Proxecto Ríos nas actividades do Día Mundial da Auga a Twitter
wwd10.jpgEste luns 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Este ano o lema é "AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAUDÁBEL", en referenza á calidade dos recursos hídricos e a súa relación co benestar da poboación e os ecosistemas. Neste senso, en Galiza temos un grave déficit en canto ás medidas de prevención e tratamento da contaminación das augas. Moitas cidades, vilas e industrias verten aos ríos augas con escasa ou nula depuración, e o número de cursos fluviais contaminados aumenta cada ano (ver o Informe RIOS GALEGOS 2009.pdf Informe RÍOS GALEGOS 2009 (5.46 MB).

Afortunadamente, a cidadanía está cada vez máis sensibilizada e comprometida coa defensa dos nosos ríos como proba a Lei de Defensa dos Ríos Galegos aprobada en 2006 mediante unha ILP. No entanto, e malia á abondosa lexislación de protección das augas, as administracións amosan unha escandalosa insubmisión e desleixo á hora de tomar medidas para garantir o bó estado das nosas augas, como pretenden a Directiva Marco da Auga e a de Depuración de Augas residuais, en cuxa aplicación Galiza leva un escandaloso retraso.
Dende ADEGA e Proxecto Ríos estamos a colaborar para que a cidadanía sexa cada vez máis consciente e activa na defensa dos nosos ríos, suplindo deste xeito a falta de interese das administracións.
Por iso, imos celebrar o Día Mundial da Auga facendo unha saída ao río Sarela, en Compostela, para avaliar o seu estado e validar as novas metodoloxías e materiais para a inspección de ríos que pretendemos poñer en marcha este ano 2010. Estes novos métodos axústanse máis ás demandas da Directiva Marco da Auga en relación á diagnose do estado de saúde dos ecosistemas fluviais.
Faremos esta inspección nun treito do Sarela, dende o Romaño até o Muíño do Lermo. Será o luns 22 de 16:00 a 19:00h. Se queres participar, podes anotarte chamando ao 981 57 00 99 ou ao 619 672 038. Tamén podes mandar un correo electrónico a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , coordenador da actividade.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com