Magosto etnográfico na Eira da Xoana Imprimir
Envia Magosto etnográfico na Eira da Xoana a FaceBookEnvia Magosto etnográfico na Eira da Xoana a Twitter
SXEiraEste sa?bado 20 de novembro ADEGA e o Foro do Camin?o Primitivo organizan unha XORNADA ETNOGRA?FICA NO ALTO ULLA, dedicada a recuperar un treito do Camin?o Primitivo que foi desviado da su?a traza histo?rica no Concello de Toques e a gozar dunha tarde de lecer que rematara? nun magosto na Eira da Xoana (ligazón GOOGLE maps), para cumprir co fermoso ritual gastrono?mico de agasalla?rmonos cunha boa castan?ada. Actividades: RECUPERACIO?N dun treito do Camin?o Primitivo en Toques; ROTEIRO pola Vi?a Primitiva no Marco do Careo?n. e MAGOSTO na Eira da Xoana. No interior da nova, pódense ver os CROMOS do magosto.

CROMOS DO MAGOSTO NA EIRA DA XOANA:

DSCN7068DSCN7073DSCN7074DSCN7076DSCN7078DSCN7083DSCN7085DSCN7087

Programa detallado: Sábado, 20 de novembro

CPrimitivo1-11.00 h: Recibimento dos participantes na “Praza do convento”
de Melide e saída cara o lugar dos traballos, na paroquia de Vilamor (Toques). Tarefas: desbroce, limpeza da calzada, eliminacio?n de atrancos da calzada, pequenas podas, sinalizacio?n do itinerario cla?sico con frechas amarelas, colocacio?n de ro?tulos informativos.
-14.00 h: Xantar: cadaquén pode levar o seu xantar ou comer na Tarberna “O Carburo”de Vilamor, ao pé do Camiño Primitivo.
-15.00 h: Visita á “Aula da Natureza” de Souto.
-15.30 h: Roteiro polo Camiño Primitivo até o Marco do Careón, no límite da “dorsal galega” entre Toques e Palas de Rei.
-17.00 h: Trasladámonos á Eira da Xoana (Ramil-Agolada), onde celebraremos o magosto con castañas, empadas e queixo da zona, rematando con actuacións musicais xa pola noitiña.
NOTAS: Traer calzado axeitado, ganas de traballar, camiñar e farrear. Quen poida que traia tamén unha fouce. E quen queira pode traer tamén o seu instrumento musical e... non vos preocupedes polo bon humor: pómolo entre todas e todos.
Aportación solidaria para o magosto: 5 € ( socios: 3 €)

PARA PARTICIPAR EN CALQUERA DAS ACTIVIDADES CHAMAR ANTES DO XOVES 18 aos teléfones: 638475322, ou 982240299.

Organizan: ADEGA e Foro do Camiño Primitivo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com