VII Marcha Irmandinha ao Castelo de Pambre Imprimir
Envia VII Marcha Irmandinha ao Castelo de Pambre a FaceBookEnvia VII Marcha Irmandinha ao Castelo de Pambre a Twitter
22 de agosto de 2010. O Castelo de Pambre, situado a uns escasos 3 km da Eira da Xoana, é a obra mais senlleira da arquitectura medieval militar de Galiza. Este ano, por fin, despois de varias décadas fechado ao público, e grazas ao labor da Plataforma pola Defensa do Alto Ulla, veciñanza e á vontade colaboradora dos actuais donos, abríuse ao público. Agora cómpre dar novos pasos, como a merca para uso público e a súa posta en valor, através da súa restauración e a do seu interesante contorno: camiño real, ponte medieval, castro de Remonde, muíño do Henrique, antiga planta da luz do Coello coas suas pozas de baño, etc.
PROGRAMA DE ACTOS. Domingo 22 de agosto de 2010
11.00 h Inicio da marcha na praza do concello de Palas de Rei.
14.00 h Recibimento dos irmandinhos diante do Castelo.
14.30 h Xantar campestre (cada un leva o seu).
16.30 h Visita ao castelo. Roteiro Irmandinho: camiño real, ponte medieval, castro de Remonde, etc.
Xogos populares
Actuacións musicais

Patrimonio e natureza son nosos: desfrutémolo todos/as xuntos/as!
Castelo de Pambre: Propriedade pública!
Restauración !
Mais info no blog: http://pambreirmandinho.blogspot.com/
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com