Roteiro polo Alto Ulla: dende Pambre a Arqueixal Imprimir
Envia Roteiro polo Alto Ulla: dende Pambre a Arqueixal a FaceBookEnvia Roteiro polo Alto Ulla: dende Pambre a Arqueixal a Twitter
Domingo, 22 de novembro de 2009. O segundo roteiro do ciclo 2009-2010 organizado por ADEGA Lugo por camiños históricos transcorrerá polo do Alto Ulla, através do camiño real. Comezaremos polo Castelo de Pambre, BIC (ben de interese cultural) do século XIV e capela do S. XII, aínda de propiedade privada, que  pretendemos recuperar para o uso público coas “Marchas Irmandinhas”. Precisamente ás 10h e como inicio do roteiro, haberá un acto reivindicativo no Castelo para esixir das administracións a súa recuperación.


Na súa contorna, percorreremos o “roteiro irmandinho”: ponte medieval, pasos polo rego do Vilar, castro de Remonde, no camiño real que iría enlazar co francés e o primitivo a Compostela. Neste camiño podemos ver os buratos das areeiras (terra-area que se usaba para esfregar potas e ferros) Continuamos até enlazar coas torrentes de Mácara-Ramil conxunto de cachós que forma o río Ulla antes da súa confluenza co Pambre e que estaban ameazadas polo encoro de Frádegas.
Paramos para xantar na Eira da Xoana, lugar escollido por ADEGA para desenvolver o seu centro de educación ambiental, e á tarde visitamos os seus arredores: Comunidade de Montes de Man Común de Ramil, Outeiro e Basadroa, coas suas mámoas e petróglifos, as brañas do Biduedo e a canle de Ramil, verdadeira xoia da arqueoloxía industrial (de comezos do século XX). Desde o “monte de riba” pódense ver as montañas e vales que conforman a confluencia das tres bisbarras: Deza, Ulloa e Melide, cos seus diferentes perfís xeolóxicos e paisaxísticos. A interesante “ecoaldea Arqueixal” (bioconstrución e produtos ecolóxicos), marca o remate do último treito que comeza coa visita aos pazos da Ulloa (Sta. Mariña de Amarante e Chorexe). O roteiro son 10 quilómetros aproximadamente con dous treitos de diferente dificultade: media-alta nas Torrentes de Mácara-Ramil (2 km) e baixa no resto (8 km).
DOMINGO 22 de NOVEMBRO de 2009

Normal...............................................................15 €

Estudantes, xubilad@s e no paro.............................12 €

Socios/as............................................................10 €

Até 17 anos..........................................................5 €


SAÍDA
: diante da Escola de Maxisterio de LUGO ás 9 da mañá.

Imprescindible anotarse
chamando ao 679113718 (Mari Luz), ou 982240299 (local de ADEGA-Lugo) .

Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s!

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com