O sistema de Nostián necesita millorar, aumentando a concienciación e a participación veciñal Imprimir
Envia O sistema de Nostián necesita millorar, aumentando a concienciación e a participación veciñal a FaceBookEnvia O sistema de Nostián necesita millorar, aumentando a concienciación e a participación veciñal a Twitter
nostianA Coruña, 29 de marzo de 2013. Membros de ADEGA vimos de manter unha entrevista co concelleiro de residuos da Coruña, Enrique Luis de Salvador, para comunicarlle a necesidade de mellorar a participación cidadá na recollida selectiva e de acometer algúns cambios na xestión da planta de Nostián. Os resultados actuais da xestión do lixo no conxunto da Coruña e Consorcio das Mariñas distan moito dos obxectivos de reciclaxe fixados na actual normativa, e tamén dos acadados no ámbito do Barbanza, onde se aplica un modelo similar de recollida ao de Nostián. Mentres no Barbanza se recicla o 35% do lixo en 2011, Nostián abeira o 13%. Con todo, estes resultados son millores que os do sistema SOGAMA, que apenas recicla un 8%, e os empregos xerados por unidade de lixo tratada duplican aos de SOGAMA.
pdfInforme XESTIÓN LIXO CORUÑA 2013 (156 KB)

ADEGA presentoulle ao concelleiro un recente estudo da situación e evolución dos resultados de Nostián. Os pobres resultados acadados na xestión da planta veñen reducindo ano tras ano a confianza da cidadanía, o que fai que esta abandone a participación na recollida selectiva. Máis dunha década de funcionamento e co paso de varias forzas políticas polas institucións responsábeis non acadaron resolver os problemas, polo que xa é hora de que a cidadanía tome cartas no asunto.

As propostas de ADEGA pasan por incrementar a recuperación de materiais reciclábeis na  planta (sobre todo papel e envases) e separar a compostaxe da materia orgánica recollida nos contedores verdes da que no contedor amarelo. Isto permitiría recuperar a confianza da xente, e faría posible obter resultados moi positivos das campañas de concienciación. Por tanto, a outra proposta é reforzar estas campañas.

O concelleiro mostrouse receptivo ás propostas, mais non se comprometeu a incluílas no futuro plan de viabilidade, previsto para xaneiro de 2014, segundo indicou. Este plan debería incluír instrumentos económicos que garantan a obtención de resultados na xestión das empresas responsábeis.

ADEGA xestiona reunirse con responsábeis do consorcio para abordar esta cuestión, e proponse iniciar unha campaña cidadá que esixa dos responsábeis municipais a adopción de medidas que permitan mellorar a situación. Na opinión de ADEGA, só unha mobilización social como a que tivo lugar tras o derrubamento do vertedoiro de Bens en 1996 permitiría avanzar na xestión do lixo na nosa comarca.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com