ADEGA presenta xunto outras asociacións o Manifesto pola Mobilidade Imprimir
Envia ADEGA presenta xunto outras asociacións o Manifesto pola Mobilidade a FaceBookEnvia ADEGA presenta xunto outras asociacións o Manifesto pola Mobilidade a Twitter

plataforma_mob5 de decembro de 2011.No local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda presentouse o Manifesto Pola Mobilidade asinado por colectivos de distintos eidos da cidade da Coruña, como o veciñal,ecoloxista ou estudantil. No manifesto apóstase por un novo xeito de entender a mobilidade dando prioridade aos viandantes, bicicletas e transporte colectivo fronte o transporte particular. Tamén se fala da importancia da creación dunha mesa cidadá para a elaboración dun Plano de Mobilidade para toda a comarca.

Todas os grupos asinantes consideramos que o sistema que implantará o concello en sustitución do actual carril bus empeorará o tráfico e o transporte público na cidade, xa que entre outras cousas é unha chamada a cidadanía para que use o coche privado.

Esto é o xermolo da "Plataforma pola mobilidade" que intentará ir chegando a máis colectivos da comarca coa intención de crear músculo social para que a voz dos grupos preocupados pola mobilidade sexa escoitado polo concello. A continuación o colamos o manifesto completo e todas as asociacións firmantes:

O tráfico urbano é a principal causa de deterioración da calidade de vida das persoas que vivimos na Coruña, xa que máis do 50 % colle o vehículo privado para ir traballar. As solucións pasan,  entre outras, pola diminución das necesidades de transporte e polo emprego dos modos de transporte menos contaminantes, priorizando xerarquicamente os e as peóns, as bicicletas e o transporte público colectivo.

A eliminación do carril bus empeorará o problema actual do tráfico na cidade,pois mantense na liña das políticas de apoio ao coche privado que contribúen a que Galicia siga a ser a rexión de Europa na que máis porcentaxe de desprazamentos en vehículo privado se realizan.

O carril bus é un instrumento instaurado nas cidades co fin de optimizar o funcionamento do servizo de transporte público, a través dunha mellora nas frecuencias e velocidades das liñas e sendo ademais un recurso moi potente recoñecido pola Unión Europea para atraer á cidadanía cara ao seu uso. Na nosa cidade, as persoas usuarias de ata nove das liñas que utilizan dito carril recoñecen que se aforra ata 15 minutos por traxecto grazas a esta medida.

MANIFESTO POLA MOBILIDADE

  1. Os e as viandantes, a bicicleta e o transporte público teñen que ser prioritarios sobre o transporte particular, xa que o seu impacto no tráfico é moito menor e axudan a mellorar a calidade da mobilidade da cidade e a diminuír o consumo de petróleo e as emisións de gases contaminantes.

  1. Manifestamos a nosa oposición á retirada do carril bus, xa que entendemos que o plan alternativo empeorará o servizo do transporte público e disminuirán as frecuencias, e empeorará a circulación da cidade, debido aos seguintes puntos:

    A alternativa do concello é unha invitación a usar o vehículo privado en detrimento do transporte público, o que vai aumentar os traxectos en coche dentro da cidade incidindo na conxestión crónica no tráfico rodado da cidade.

    Provocará un problema de dobre fileira nos viais polos que discorría o carril bus, que precisará a instalación dun sistema de vídeo-vixilancia, que unido ao sistema de prioridade semafórica, suporá un elevado custo tanto de instalación (máis de 250 000 euros) como de mantemento.

    As vantaxes do sistema de prioridade semafórica proposto polo concello dilúense coa retirada do carril bus, xa que os minutos gañados con este sistema veranse practicamente anulados cando un coche queira aparcar, haxa coches en dobre fileira ou se produza unha conxestión por outros motivos; isto verase agravado en vías cun só carril, como propoñen para San Andrés.

    Dado o éxito acadado polo actual servizo, cunha importante mellora nas velocidades e frecuencias das liñas e un incremento no número de usuarios do bus dende a súa implantación, non semella razoable desmantelar este servizo antes de ter probado o novo, é dicir, a prudencia aconsellaría antes de eliminaren dun trazado un sistema que funciona, facer experiencias piloto do novo sistema proposto noutros trazados, con tempo abondo para tiraren conclusións válidas.

  1. A necesidade de seguir ampliando e mellorando o transporte público e fomentar o seu uso en detrimento do coche particular, mediante a implantación de novos percorridos de bus nas zonas peor comunicadas e aumentando a frecuencia dos xa existentes, implantación do tren de cercanías e o tranvía, e a instalación de aparcadoiros disuasorios na entrada da cidade.

  2. Elaboración dun Plano de Mobilidade na área metropolitana que sexa independente dos cambios que se produzan nos gobernos municipais e que estableza as orientacións estratéxicas en materia de infraestruturas de transporte coa finalidade de facilitar a mobilidade das persoas e  que inclúa todo tipo de transporte como as bicicletas, buses, trens de cercanías, liñas maritimas e as suas interconexións.

  3. A mellora e ampliación dos viais peonís e o fomento do uso da bicicleta nos traxectos urbanos e interurbanos, isto é, a habilitación de carril bici máis aló dunha función recreativa.

  4. A importancia da creación dunha mesa cidadá onde estean presentes asociacións veciñais, ecoloxistas e de contido social, así como plataformas vinculadas ao transporte sostible, en aras de cumprir o compromiso de fomento da participación cidadá contraído polo concello coa sinatura da carta de Aalborg. A defensa do comercio local, co noso apoio a un sistema de abastecemento descentralizado que permita o acceso ás persoas de todos os barrios da cidade incidindo na redución do número de desprazamentos.

  5. Revisar o convenio coa Compañía de Tranvías para que quen marque as liñas e planifique o transporte na cidade sexa o Concello.

  6. Redución das tarifas de bus actuais e mellora nos sistemas de recarga para que sexan sinxelos de manexar e alleos ás entidades bancarias.

En definitiva, apostamos por unha cidade sostible, cómoda, habitable, próxima, eco-activa, participativa, próspera e segura.

GRUPOS ASINANTES:


A.VV. de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules,
A .VV. Oza -Gaiteira-Os Castros,
A.VV. Francisco Rodriguez de Labañou,
A.VV. Los Rosales,
LIGA ESTUDANTIL GALEGA,
COMITES,
IESGA,
AEGEE,
MOBI-LIZA,
Plataforma Galega Salva o Tren,
Asemblea 15M Monte Alto,
Asemblea 15M Agra do Orzán,
Asemblea 15M A Ría (Cambre, Culleredo e Oleiros)
Rede de Dereitos Sociais (RDS),
ACSUR LAS SEGOVIAS- Galiza
VERDEGAIA,
Cooperativa de consumo responsábel e consciente ZOCAMINHOCA,
GREENPEACE,
Asociación pola defensa ecolóxica de Galiza (ADEGA)
 
http://plataformapolamobilidade.blogaliza.org/
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com