ADEGA retira media tonelada do río Bolaños e 60 troitas mortas Imprimir
Envia ADEGA retira media tonelada do río Bolaños e 60 troitas mortas a FaceBookEnvia ADEGA retira media tonelada do río Bolaños e 60 troitas mortas a Twitter

bolanhos_2

A Coruña, 03 de outubro de 2011.-A participación de ADEGA Coruña na IV Limpeza simultánea do Proxecto Ríos relizouse por primeira vez no río Bolaños, entre o centro urbán de Arteixo e o polígono de Sabón. A cantidade de lixo recollida foi sorpresivamente elevada, uns 500 kg. de lixo nos que predominaron  plásticos, vidros,  material de obra e incluso mobiliario do paseo fluvial, tamén se atopou unha gran cantidade de troitas mortas provocadas por un verquido.  ADEGA Coruña pide á Xunta,  e aos concellos da comarca que aceleren a posta en funcionamento da EDAR de Bens, así como que aseguren o bó funcionamento doutras como é o caso da de Sidalde. Demandan, así mesmo, que se exerza maior control e vixilancia contra o depósito ilegal de refugallos nas contornas fluviais e a posta en valor das súas cabeceiras.

 

bolanhos_5

Un total de 12 voluntarias e voluntarios recolleron no concello de Arteixo media tonelada  de lixo na zona urbana do río Bolaños. Entre os refugallos recollidos, predominarorn residuos relacionados coa actividade industrial (aceites, pláticos, madeiras, entullos de obra, etc.), e unha grande cantidade de plásticos e vidro.

 

bolanhos_3

Entre o lixo inorgánico tamén se tivo a desagradable sorpresa de atopar máis de 60 troitas mortas e incluso unha rata, que retiramos do río para evitar a contaminación orgánico. Estas mortes seguramente foron provocadas por un verquido incontrolado que fixo inhabitable o río para as troitas. Tamén se poido ver varios puntos de vértido cun cheiro nauseabundo así como o lado dunha piscina un verquido de certa cor branqueciña así como cun certo cheiro a cloro. Por eso ADEGA pídelle ao Concello que controle os verquidos e revirta o estado do río ao de fai 30 anos, no que sexa un pracer pasear por él e non unha solución aos refugallos que xenera o ser human, como da a entender cando na actualidades das un paseo por él.

 

A través desta actividade, Proxecto Ríos e ADEGA, veñen a denunciar o estado no que se atopan as beiras e os cauces dos ríos e regatos de Galicia e tratan de concienciar á cidadanía e ás administracións competentes na conservación dos ríos e do seu ecosistema. Por iso, ADEGA Coruña demanda que Xunta, e os concellos da comarca promovan conxuntamente campañas de concienciación e sensibilización sobre o tratamento adecuado de residuos, no caso do Bolaños, nomeadamente entre as industrias que están próximas ao regato ou ás súas fontes de auga, e que se investigue a procedencia de todos os refugallo que atopamos no lugar de recollida.

A xornada rematou cun poema que nos leu Lourenzo:

 

bolanhos_1

UNHA MOZA:

Unha moza vai chorando,

as sombras dos ameneiros na

ribeira dun regato.

As bágoas mollan

a herba medra a auga no regato.

A moza  esgarduña as pernas

a saia teña rachada.

Por culpa das silvas

que medran a carón da auga nos ríos.

E tamén nos regatos.

Neles non hai troitas nen anguías,

e tampouco rá

ns nen sapos.

Cheira que fede,

teñen cascallos e plásticos,

atópanse intrasitables e cheos de  moitos males.

bolanhos_4

Que senón se pon remedio,

contaminaremos máis e máis os océanos e mares.

Que por iso, a pobre moza,

chora con bágoas de sangue

ós contaminados e abandoados.

Areais e humedais, ríos e regatos,

fontes e manentiais.lagoas e lagos,

Son as veas da natureza,

que non podemos continuar, atuando

e contaminando.

Nunca poderemos perdoarnos

que esa moza siga

chorando sangue.

 

 

Lourenzo.

 

 

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com