O uso de herbicidas nas estradas increméntase coa crise Imprimir
Envia O uso de herbicidas nas estradas increméntase coa crise a FaceBookEnvia O uso de herbicidas nas estradas increméntase coa crise a Twitter

oroso111 de maio de 2010. O uso masivo de herbicidas para "limpar" as beiras das estradas increméntase coa crise. Desta volta, na N-550 entre Compostela e A Coruña vertéronse toneladas de herbicidas. A vexetación aparece sospeitosamente seca á beira da estrada e mesmo nos viais de servizo a carón de casas e leiras. Estas práticas, anque legais, comportan serios riscos para a saúde dos ecosistemas e non eliminan o risco de lumes: increméntano pola cantidade de mato seco que fica nas cunetas. Ademais, a chuvia arrastra os químicos que contaminan a terra e os acuíferos penetrando nas cadeas tróficas. Curiosamente, matas da herba da Pampa (Cortaderia selloana) e outras invasoras moi dificiles de erradicar, sobreviven ao fumigado. No ano da biodiversidade, ADEGA recomenda substituir o uso de biocidas para o control da vexetación por rozas mecánicas selectivas, que ademais respecten as frondosas autóctonas, verdadeiros cortalumes naturais.

Os agroquímicos con que se fumiga, entre os que se contan herbicidas sistémicos moi tóxicos coma o glifosato (coñecido pola marca ROUNDUP -popularmente randón ou rondón-) pasan á terra e á auga ou son inxeridos polos animais, mesmo os domésticos. Deste xeito, especies que non eran o obxectivo da fumigación vense expostas a estas substancias, que acabarán chegando aos consumidores/as. Por outra banda, resulta evidente que os métodos de rozado químico non supoñen unha maior seguridade contra os lumes, ben ao contrario: toneladas de biomasa seca permanece nas cunetas nas épocas de maior risco de lumes. O celne da ineficacia é o novidoso costume de fumigar e logo cortar a vexetación morta. Se logo rózase, que necesidade hai de fumigar antes con perigosos tóxicos? Non podería rozarse mecánicamente dende un principio?

oroso2Alén disto, non existe praticamente control das práticas prohibidas á hora de fumigar, como non facelo preto de terras de cultivo e cursos de auga. Ao longo da estrada N-550 podemos observar continuamente exemplos deste mal uso onde os herbicidas aplícanse á beira de fincas de labor e gando, regatos e mesmo a carón das casas e xardíns. As administracións públicas deberían ser as primeiras en dar exemplo de responsabilidade ambiental, comprometéndose coa sustentabilidade e as boas práticas ecolóxicas. Será moi recomendábel que cando menos nas estradas de titularidade pública favorecérase o emprego de medios mecánicos fronte aos agroquímicos. A persistenza destas práticas no proceder das administracións amosa un feble compromiso coa saúde e o ambiente.

Dende ADEGA solicitamos que cese o uso de herbicidas para a "limpeza" das estradas e a súa substitución por métodos de rozado mecánico que ademáis de ser inocuos, crian máis postos de traballo. Novamente pedimos á cidadanía que envíen as súas denuncias e fotos a ADEGA (através do mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) dando conta de máis casos, e indicando se é posíbel ademais do lugar, os quilómetros fumigados. O obxectivo é visibilizar e coñecer a magnitude dun problema que afecta á natureza e á nosa saúde, fronte ao que as administracións semellan estar cegas e xordas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com