Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro de ADEGA-Lugo polas Augas Santas de Allariz
Domingo, 23. Xuño 2013, 08:00
LaudasStaMarinhaEste domingo, 23 de xuño, ADEGA-Lugo convídate ao último roteiro deste curso 2012-2013 dedicado á Galiza Máxica. Visitaremos as terras de Allariz e o ineludible lugar de Santa Mariña de Augas Santas no que se respira un ambiente máxico e lendario. Tamén coñeceremos o equipamento de interpretación ambiental de O Rexo. A hora de saída será ás 8 da mañá desde Lugo e farase unha parada no lugar de Cambeo para recoller aquelas persoas que queiran vir de Compostela ou doutros lugares máis próximos a este punto. O propósito é regresar a tempo para as fogueiras de San Xoán. Vide con nós a despedir este curso de roteiros por todo o alto! Consultade e difundide este CARTAZ. Para máis información sobre os elementos a visitar, premede pdf+INFO.

O punto de saída do roteiro será o Centro de Interpretación Ambiental do Rexo. Neste lugar destaca a intervención na propia natureza do artista Ibarrola, así como tamén unha explotación de leite ovino para a produción de queixo. Despois de cruzar o Río Arnoia, e avanzar por fermosas paisaxes rurais, chegarase a Santa Mariña de Augas Santas. Xantarase preto das fontes do Martirio, aproveitando para comentar a lenda da Santa, así como coñecer outros elementos históricos e artísticos deste fermoso lugar. Remataremos cun roteiro etnográfico-arqueolóxico polo entorno do castro de Armeá, visitando a cripta da Igrexa da Ascensión, onde segundo a lenda se tentou queimar a bela Mariña; o Penedo da Moura e as ruínas do poboado galaico-romano da Atalaia. Rodeando o castro accederase ao xacemento arqueolóxico do Monte do Señoriño, no que destacan estruturas de época romana talladas na rocha.

SAÍDA

O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás 8.00 h. Faremos unha parada no lugar de Cambeo ás 9:45 horas para recoller ás persoas que veñan desde Compostela ou outros lugares próximos a este punto. 

Para poder participar é imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.

PREZOS

Xeral............................................................................................ 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro……….....................................12€
Soci@s........................................................................................ 10 €
Ata Ata 17 anos........................................ .................................... 5 €


Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA