Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
IX encontro do voluntariado do Proxecto Ríos
Sábado, 15. Xuño 2013, 10:15

 rata_auga_encontro.jpgUn ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado de Proxecto Ríos. Será o día 15 de xuño de 2013 e o evento se celebrará no Concello de Rábade, no Centro de Interpretación Casa das Ínsuas. Alén das presentacións dos grupos de voluntariado, realizaremos unha mesa redonda marco cuxa temática será: Comunidades de Mamíferos de Ribeira. Se non sabes como chegar, pica nesta ligazón

 

Os encontros de voluntariado son o espazo para que os grupos que están a participar presenten as súas experiencias, tanto relacionadas coas inspeccións como noutros temas que teñan que ver cos ríos. Trátase en definitiva dunha xornada na que os protagonistas son os/as voluntarios/as do Proxecto Ríos.
Tamén aproveitamos para coñecer as oportunidades que nos ofrecen os nosos ecosistemas fluviais, como o recoñecemento dos mamíferos que viven nos nosos ríos. Teremos tempo de conversar e coñecer iniciativas, e como sempre tamén haberá espazo para facer un roteiro pola contorna.
Proxecto Ríos é unha iniciativa de voluntariado e educación ambiental de ADEGA promovida por Augas de Galicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Contamos coa colaboración da Conferedación Hidrográfica Miño - Sil, da Asociación Galega de Custodia do Territorio e do Centro de Interpretación da Casa das Ínsuas.

PROGRAMA.

10.15 Benvida ao voluntariado.
Oscar Rivas. Centro de Interpretación Casa da Ínsuas.
Virginia Rodríguez. Proxecto Ríos.
10.30 Presentación de experiencias do Voluntariado do Proxecto Ríos.
12.00 Mesa redonda: Comunidades de mamíferos de ribeira.

Augusto de Castro. Profesor do Departamento de Zooloxía do Campus de Lugo.

Rafael Romero. Responsable das sondaxes de lontra en Galicia.Biólogo.

Jesús Santamarina. Responsable do LIFE Margal – Ulla. Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia.

14.15 Sesión de clausura.
14.30 Xantar popular.
16.30 Roteiro guiado por Rafael Romero para o recoñecemento de rastros e pegadas de mamíferos.

Podes descargar o Cartaz en PDF

Se queres participar no Encontro ponte en contacto con nos.

e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Tlf: 981 57 00 99

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA