Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Construción dunha charca e eliminación de invasoras na UDC
Mércores, 22. Maio 2013, 10:30

Próximas Actividades de Voluntariado Ambiental na UDC

Seguindo a programación da primavera ambiental, a Oficina de Medio Ambiente convoca dúas actividades de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) que se celebrarán o 22 e 29 de Maio no Campus da Zapateira.
 
O 22 de maio, conmemorando o Día Mundial da Biodiversidade, aproveitaremos para construír unha charca no monte da Fraga, o que favorece a recuperación das poboacións de anfibios, odonatos…
O 29 de maio aproveitaremos para eliminar especies exóticas invasoras no monte da Fraga.  As especies exóticas invasoras son hoxe a segunda causa de perda de biodiversidade no planeta.
Cada unha das xornadas de traballo irá acompañada dunha charla introdutoria para coñecer a problemática.
O PROGRAMA é o seguinte:

Xornada de construción dunha charca o día 22 de maio 
10:30h  Charla “Charcas con vida”. Facultade de ciencias, salón de actos, relatora: Lucia Parente. Educadora ambiental de ADEGA
11:30h Comezo da xornada de traballo no monte da Fraga.
Xantar con produtos ecolóxicos.
17:00h Remate da xornada de traballo.

 
Xornada de eliminación de flora exótica invasora o día 29 de maio    
10:30h Charla especies exóticas invasoras. Facultade de ciencias, salón de actos, relator: Ramses Pérez. Educador ambiental de ADEGA                                                                 
11.30h Comezo da xornada de eliminación de flora exótica invasora no monte da Fraga.
14:30h Remate da xornada de traballo.

Para participar na xornada é importante inscribirse no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo para que poidamos preparar a ferramenta e o xantar.

Podedes anotarvos á unha ou ás dúas xornadas. No caso de non poder asistir á xornada completa, e queredes participar un tempo limitado, tamén podedes facelo: enviade un correo indicando a vosa dispoñibilidade.
Contacto : http://medioambienteudc.blogspot.com.es/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA