Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Primavera ambiental na UDC
Mércores, 10. Abril 2013, 10:00

III Edición do ciclo de conferencias e obradoiros Primavera ambiental

A Oficina de medio ambiente (OMA) da UDC e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizamos un ano máis o ciclo de conferencias e obradoiros Primavera Ambiental, co obxectivo de achegar á comunidade universitaria diversas problemáticas, propostas e vías de participación na súa solución.
A duración do ciclo será desde o 10 de abril até o 7 de xuño. En oito actividades diferenciadas, abordaremos temáticas tan diversas como os residuos, a agroecoloxía, a biodiversidade, a enerxía, o consumo responsable... Ademais dunha compoñente teórica para a que convidamos a persoas expertas, todas elas inclúen aspectos prácticos e traballos aplicados ao campus e aos centros universitarios. Polo seu contido eminentemente práctico, todas elas están abertas á participación como voluntariado ambiental.

PROGRAMA DA PRIMAVERIA AMBIENTAL

            10 de abril: Horta urbana e compostaxe. Veremos como converter unha terraza ou balcón nunha horta, poñeremos a punto unha mesa de cultivo e visitaremos a área de compostaxe da UDC. Contaremos coa intervención da Asociación Galega de Horticultura Urbana (AGHU)

            18 de abril: Proxecto Ríos. Coñeceremos este programa de voluntariado en ríos e faremos a inspección de primavera do río Lagares. Acompañaranos un educador do Proxecto Ríos

            24 de abril: Encontro solar. Faremos unha exposición-obradoiro de aparellos solares, como fornos solares e outros, e teremos unha visita guiada a unha instalación fotovoltaica da UDC e a un centro con elementos de bioclimatización. Tamén haberá lugar para organizar un mercadiño de troco

            8 de maio: Reutilización e reciclaxe. Aprenderemos a importancia da reciclaxe de papel e aprenderemos a facer un consumo responsable do mesmo, presentaremos a campaña de aforro e reutilización de papel levada a cabo pola OMA e aprenderemos a elaborar cadernos con papel reutilizado

            15 de maio: Caixas niño para morcegos. Coñeceremos a vida dos morcegos e para fomentar a biodiversidade no campus construiremos caixas niño que penduraremos polo campus. Posteriormente faremos o seguimento destas caixas. Contaremos con persoal experto en morcegos da Asociación Drosera

            22 de maio: Día mundial da biodiversidade. Faremos unha actividade de restauración participativa no monte da Fraga, e construiremos unha pequena charca co obxectivo de incrementar a poboación de anfibios e libeliñas no campus

            29 de maio: Flora exótica invasora. Da man de ADEGA, aprenderemos a identificar a flora exótica invasora e posteriormente sairemos ao monte da Fraga a facer unha eliminación deste tipo de especies.

            7 de xuño: limpeza de praias. Para clausurar o ciclo participaremos na limpeza simultánea de praias.

Se estás interesado/a nalgunha destas actividades podes reservar xa a túa praza no correo da Oficina de Medio Ambiente Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Contacto : http://medioambienteudc.blogspot.com.es/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA