Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Obradoiro de caixas niño da UDC
Mércores, 30. Xaneiro 2013, 11:00

O 30 de xaneiro terá lugar na facultade de Aquitectura da Universidade da Coruña o Obradoiro de Caixas Niño organizado pola Oficina de Medioambiente (OMA) coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA. A actividade consistirá na construción de refuxios que lles poidan servir de acubillo e lugar de cría a moitas especies, en especial paxaros e morcegos, nestes duros días de inverno.

A xornada comezará ás 11 da mañá cunha pequena charla informativa a cargo de Ramsés Pérez de ADEGA e a continuación terá lugar o obradoiro no taller de maquetas da facultade de Arquitectura. Unha vez feitas as caixas procederemos a penduralas nas árbores do campus e posteriormente levaremos o seguimento das mesmas.

A tala dos bosques autóctonos e a substitución por monocultivos, así como a retirada das árbores vellas dos montes, ten entre outras consecuencias, a desaparición de multitude de buracos necesarios para que moitas especies de animais nidifiquen ou se refuxien. A construción de caixas niño e outros abrigos para a fauna (paxaros, mamíferos, anfibios...) contribúe a paliar este impacto favorecendo á biodiversidade.

 

Por outra banda a construción de refuxios contribúe a reutilización. Para elaborar unha caixa niño ou calquera outro refuxio non se precisan grandes investimentos, nin ferramentas sofisticadas, nin mercar madeiras que contribúan a tala de máis árbores. Con esta actividades podemos dar uso a unhas vellas táboas empregando a ferramenta habitual. 

Prazas limitadas a 20 persoas. Inscricións en: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Localización : http://medioambienteudc.blogspot.com.es/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA