Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Encontro da SGEA no Alto Ulla
Desde Sábado, 26. Xaneiro 2013 -  12:00
Até Domingo, 27. Xaneiro 2013 - 17:00

ENCONTRO DA SOCIEDADE GALEGA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL NO ALTO ULLA

Pola presente convidámosvos a participar no vindeiro encontro da Sociedade Galega de Educación Ambiental, que se desenvolverá na última fin de semana deste mes de xaneiro, na Granxa Arqueixal (Albá, Palas de Rei). Vai o programa básico:

Sábado 26

12:00 Coñecemento do equipamento, historia e proxectos de Arqueixal. Presentación de novos materiais en educación ambiental.

14:30 Xantar comunitario de bocadillo ou do que cada quen leve.

16:00 Asemblea da SGEA. Debates sobre a educación ambiental en Galiza.

21:00 Cea para tempos invernais con viandas locais ecolóxicas (caldo de grelos, xarrete guisado, iogures, queixos e marmeladas de Arqueixal).

22:00 Tempo libre. Durmida nas confortables casas de turismo rural de Arqueixal (podedes velas en http://www.arqueixal.com/agro/casas_palleira.htm <http://www.arqueixal.com/agro/casas_palleira.htm> ).

Domingo 27

09:30 Almorzo con leite, iogures, queixo e marmeladas de Arqueixal e galletas mariñeiras, todo en ecolóxico.

10:30 Ruta pola Ulloa. Estamos xestionando a visita ao equipamento de EA de ADEGA (Eira da Xoana) e á iniciativa emprendedora de plantas aromáticas e cosmética Milhulloa, polo menos.

14:30 Xantar libre ou no restaurante da zona que elixamos.

17:00 Despedida.

A asistencia é libre, pero se queredes quedar a cear+durmir+almorzar (aproximadamente, 20 euros todo; o xantar do domingo, á parte), mandade un correo-e a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; por suposto, podedes convidar a parellas, amigos/as, etc. a acompañarnos. Animádevos, que o pasaremos moi ben, e aprenderemos moito nun escenario espectacular.

Sociedade Galega de Educación Ambiental

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA