Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Recolla simultánea de sinaturas contra a incineración
Venres, 11. Xaneiro 2013, 10:00

RECOLLA SIMULTÁNEA DE SINATURAS CONTRA A INCINERACIÓN E A PROL DA RECICLAXE

Preto do peche da “Campaña de Recollida de Sinaturas,” DURANTE OS DÍAS 11 e 12 DE XANEIRO DE 2013 terá lugar UNHA NOVA RECOLLIDA DE SINATURAS NAS RÚAS DE TODA GALIZA por parte de diversos colectivos e integrantes da Comisión Promotora da ILP contra a incineración.

Con esta iniciativa lexislativa popular pretendemos que se debata no Parlamento a actual Lei de residuos e sexa modificada adaptándose á lexislacion europea, respetando as prioridades establecidas para a xestión do lixo; queremos que se adopten medidas efectivas de prevención, reutilización, recollida selectiva, reciclaxe e compostaxe; e queremos que se exclúa a incineración como           opción para o tratamento de residuos en Galicia.

Entre os obxectivos están: a redución dun 10% da xeración da cantidade de lixo xerada, a recollida separada para reutilización e reciclaxe do 60% de cada unha das fraccións do lixo e no caso da materia orgánica que se priorice a compostaxe ben sexa compostaxe caseira, comunitaria ou industrial.

Para acadar estes obxectivos precisamos 15.000 sinaturas; por esta razón, precisamos que vos acheguedes a algún destes puntos de recollida e asinedes a petición.

Concello

Lugar

días

horario

colectivo

A Coruña

Zona de Riazor

11

17.30 a 19.30

ADEGA A Coruña

Compostela

Mercado de Abastos

12

Mañá

Verdegaia

Compostela

Praza Roxa

11 e 12

Mañá e tarde

ADEGA

Compostela

Biblioteca Concepción Arenal

11

A partir das 12

Comités

Lugo

Carrefour (ao lado do Miño)

11

11 a 13 e de 17 a 21

ADEGA

12

11 a 14 e de 18 a 21.

Ourense

Rúa do Paseo

11

11h- 20h

Amigos da Terra

O Carballiño

Praza Maior

11

A partir das 19

Plataforma

O Carballiño

Auditorio

12

18h a 23h

Plataforma

Pontevedra

A Peregrina

12

A partir das 12

APDR

A Coruña

Biblioteca ed. Xoana Capdevielle

11

10.30h a 12.30

Oficina de medio ambiente da UDC

Fene

Perlio Ferión

13

A partir das 11.30

ADEGA- Ferrol, Verdegaia e SGHN

Agolada

Feira

12

Mañá

INCINERADORA NO DEZA NON

Lalín

Pza da Igrexa

11

Tarde

INCINERADORA NO DEZA NON

Ponteareas

Rúa Oriente

12

Mañá

ADENCO/FEG

 

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA