Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Luns con-ciencia: ciclo de divulgación científica, alternativas enerxéticas e biodiversidade
Luns, 18. Xaneiro 2010, 20:00
A partir do 18 de xaneiro comezou un ciclo sobre alternativas enerxéticas, cambio climático e biodiversidade nos Museos Científicos da Coruña.
Será os luns de xaneiro, febreiro, marzo e abril, comezando o 18 de xaneiro.

A actividade é pública e gratuita, pero, ademáis, o alumnado da UDC que se matricule accede a 2 créditos de LC. A inscrición será no tfno. da Domus, 981 189 840.
As charlas terán  un carácter divulgativo, polo que o ciclo pode interesar a alumnado de diferentes facultades e escolas.


Dirección
Museos científicos coruñeses
Concello de A Coruña
www.casaciencias.org

Aquarium Finisterrae
Paseo Francisco Vázquez, 34.  15002 A Coruña
Tfn: (+34) 981189842 (ext. 21082)
Fax: (+34) 981189843

PROGRAMA

A inauguración do curso, 18 de xaneiro de 2010, correrá a cargo  de Marcel Coderch (doutor en inxeñería Eléctrica e Informática polo Instituto Tecnológico de Massachusetts (MIT). Membro do Consell Assessor per al Desenvolupament Sostenible de la Generalitat de Catalunya (CADS), secretario da Asociación para el Estudio de Recursos Energéticos (ASPO Spain) e vicepresidente da Comisión del Mercado de las Telecomunicaciones. Autor de El espejismo nuclear – Por qué la energía nuclear no es la solución, sino parte del problema; y del informe Un nuevo modelo energético para España, de la Fundación Ideas para el Progreso).
Impartirá unha conferencia  co título “Facemos todos como os franceses? O espellismo nuclear”

25 xaneiro. “AHORA, unha alternativa á crise enerxética”, por  Juan José Gómez Cadenas (físico e novelista, Grupo de Física de Neutrinos do Instituto de Física Corpuscular, CSIC, Valencia).

1 de febreiro, "Cambio climático ou cambio de modelo de sociedade?", por Emilio Fernández, profesor titular de Ecoloxía da Universidade de Vigo

8 de febreiro. “Evidencias do Cambio Climático en Galicia”
Introductor-moderador: Dr. Manuel Ruiz Villarreal (Centro Oceanográfico da Coruña, IEO). Ponentes Juan José Taboada (meteorólogo de Meteogalicia, Xunta de Galicia); Antonio Bode Riestra (Centro Oceanográfico da Coruña, IEO)

22 de febreiro. “Nucleares, non grazas?”Josep Puig (inxeñeiro nuclear, profesor de técnicas enerxéticas na Universidade Autónoma de Barcelona e histórico do movemento ecoloxista)

1 de marzo. “A conservación dos bosque tropicais”, por William Laurance (Distinguished Research Professor School of Marine and Tropical Biology
James Cook University Cairns, Queensland 4870 Australia).

8 de marzo. “Papel da educación ambiental na conservación da biodiversidade”, por Marcos Sorrentino (Ex Director de Educación Ambiental do Ministerio del Medio Ambiente do Brasil. Profesor da Universidade de Sao Paulo).

15 de marzo. “A paisaxe e a perda de biodiversidade”, por Francisco Javier López (Universidade de Santiago de Compostela)

22 de marzo. “O estado da conservación da biodiversidade en Galicia”, por Pablo Ramil (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, Universidade de Santiago de Compostela)

29 de marzo. “Os bosques galegos e a biodiversidade”, por Antonio Rigueiro (Universidade de Santiago de Compostela)

5 de abril. “Efectos do Prestige  sobre os ecosistemas mariños”, por Victoriano Urgorri (Estación de Bioloxía mariña da Graña, Universidade de Santiago de Compostela)

12 de abril. “Áreas Marinas Protegidas (AMPs), unha estratexia para a conservación da biodiversidade mariña”
Introductor-moderador: Santiago Parra Descalzo (Centro Oceanográfico da Coruña). Ponentes José Luis Vargas Poncini (IEO Madrid); Francisco Sánchez Delgado (Centro Oceanográfico de Santander, IEO)

19 abril. “A biodiversidade no medio mariño”, por Juan Freire (Universidade da Coruña)
http://www.casaciencias.org

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA