Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
1ª travesía en piragua pola rexeneración da Ría do Burgo
Domingo, 23. Outubro 2011, 12:00

piragua_burgoDOMINGO 23 de OUTUBRO ás 12:00 horas celebrarase a 1ª TRAVESÍA EN KAIAK POLA REXENERACIÓN DA RÍA DO BURGO

ADEGA Coruña organiza a primeira travesía en piragua pola ría para reclamar a súa completa rexeneración e revalorización como ben común da comarca. O evento terá lugar o próximo domingo 23 de outubro ás 12.00 horas e o percorrido comezará e rematará na ponte románica que cruza a ría do Burgo. Existirán tres categorías: absoluta, infantil e popular. A categoría popular queda aberta para todas e todos que queiran participar, trae a tua propia pirauga ou ben reservaa ao facer a inscripción (aluguer 5€, prazas limitadas). O prazo de inscripción remata o vindeiro xoves 20 de outubro e podes inscribirte a través do correo-e:   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben chamando ao 696746862 e proporcionando o teu nome completo e DNI/NIE. A incripción é necesaria aínda que traias a túa piragua.

Con esta actividade buscamos poñer en valor a nosa ría e demostrarlle a xente que non só serve como vertedoiro dos nosos residuos, senón que tamén vale para facer deporte, para a observación de aves, etc.. e que se entre todos a coidamos poderá voltar a ser  ría productiva que foi nun tempo, xa que a pesares de todas as agresións que recibiu segue albergando no seu interior unha gran biodiversidade.

Contaremos coa colaboración do Concello de Culleredo, a A.VV. O Noso Burgo, a Confraría de Pescadores da Coruña e das Agrupacións de mariscador@s (a pe ea flote).

Os compañeiros/as de ADEGA-A Coruña instalaremos un posto de información e venda de material e outro para o refrixerio dos/as participantes. Se estás interesado en participar e colaborar na organización deste acto, manda un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

O domingo 23 móllate pola ría!

Contacto : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA