Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Xornada formativa sobre o proxecto FIARE
Sábado, 1. Outubro 2011, 10:00
Asociación Fiare-Galiza, da que fai parte ADEGA, convídavos a participar nunha xornada formativa sobre o proxecto FIARE. De xeito xeral, trátase de coñecer a situación actual do proxecto e as perspectivas de futuro, para o que contaremos con unha persoa de FIARE estatal. A continuación, mediante o traballo en grupos, abordaremos tres tarefas que nos compre desenvolver dentro da asociación: a formación, a difusión e a participación no proxecto.

O día que escollemos é o sábado 1 de outubro, e o lugar será a Centro Socio-Cultural do Castiñeiriño en Santiago de Compostela. No programa vai un mapa da situación. A xornada será de mañá e tarde. Podemos ir xantar a un restaurante próximo (O Paz Nogueira) que ten un menú de 12 euros.

PROGRAMA

10:00 h.- Recepción das e dos participantes.
10:15 h.- Presentación da xornada.
10:30 h.- Situación actual do proxecto FIARE e pasos cara o futuro. Presentación e debate. Representante de FIARE estatal. Raúl Asegurado, presidente da Asociación Fiare Galiza. Xián Estévez, responsable da Comisión Ético-Social de Fiare Galiza.
12:30 h.- Descanso.
13:00 h.- Presentación das propostas de traballo para as comisións.
• Comisión de formación.
• Comisión de difusión.
• Comisión de participación.
14:00 h.- Xantar.
16:00 h.- Traballo en grupos.
17:30 h.- Posta en común e conclusións da xornada.
18:00 h.- Fin da xornada.
Precisamos que te anotes para participar nas xornadas antes do 27 de setembro. Tamén nos podes indicar se vas xantar no Paz Nogueira para reservar espazo.
Inscrición e contacto.
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

--
Asociación FIARE Galiza
Vogalía de relación cas/os socias/os
Rúa da Rosa 36, baixo
15.701 - Santiago de Compostela

 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
 
www.fiaregz.com
Localización : www.fiaregz.com

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA