Curso de Iniciación á Micoloxía no alberque Alvarella (22 e 23 de outubro de 2011)
PRESENTACIÓN
A finalidade deste curso é espertar a curiosidade sobre a vida dos fungos que, como a maioría dos elementos que conforman a Natureza, seguen a ser grandes descoñecidas. A nosa intención é que, cunha serie de nocións básicas para a súa observación e identificación, podamos achegarnos máis ao seu contorno, e que á forza de coñecelos tamén as respetemos. Por outra banda, e de un modo máis específico, intentaremos fomentar o estudio, para que deste xeito, os asistentes podan decatarse da súa existencia, facilitando o seu descubrimento, favorecendo o seu interese por coñecelas e por protexelas.
OBXECTIVOS
• Fomentar o respeto pola Natureza, convivindo con ela activamente. • Desenvolver actitudes medioambientais, valorando e respetando o contorno no que vivimos. • Facer realidade unha aprendizaxe activa en base á observación e experimentación. • Achegar ós participantes o mundo da Micoloxía e aprender a identificar as principais especies de fungos do noso contorno. • Facilitar a organización de recunchos para o estudio e identificación dos fungos.
CONTIDOS • Introducción ó reino dos fungos: características xerais. • Estratexias para a identificación dos cogumelos. • Os cogumelos nos principais ecosistemas galegos. • Especies comestibles e perigosas de cogumelos en Galicia. • Receitas de cociña caseiras con cogumelos. • Aplicación didáctica para o ámbito educativo. POÑENTE: Jorge Gude Armas (educador ambiental)
METODOLOXÍA
Este curso será eminentemente práctico, alternando a parte teórica coas diferentes saídas ó campo e obradoiros que se realizarán ao longo do mesmo.
DURACIÓN
O curso relizarase durante unha fin de semana, comenzando o sábado pola mañá ata o domingo pola tarde. As persoas que o desexen poderían cear e pernoctar en Alvarella a noite do venres.
PREZO: 50 €.
O prezo inclúe a asistencia ás dúas xornadas do curso coa documentación e material correspondentes, así como o aloxamento e pensión completa. Os/As participantes deberán vir provistos de calzado e roupa cómodas para as saídas ó campo. As persoas que desexen cear e pernoctar en Alvarella o venres 21 terán que pagar un suplemento de 10 €.
• Forma de pago: No número de conta de “La Caixa”: 2100 — 4876 — 05 — 2200011819; a nome de Alvarella Ecoturismo S. L (especificando o nome do/a matriculado/a). Contacto: Tfno/Fax 981-784563 Móvil 648-925-134 ou no e-mail :
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
• Data límite de pago: luns 17 de outubro de 2011. • Prazas limitadas.
PROGRAMA *1º DIA (sábado) - 10:30 h: Presentación do curso - 10:45 h: Charla sobre o mundo dos cogumelos - 12:00 h: Pausa-café - 12:30 h: Saída ó campo (finca Alvarella) - 14:30 h: Xantar. - 16:00 h: Charla sobre identificación de cogumelos. - 17:00 h: Saída ó campo (rota polo contorno de Alvarella) - 19:00 h: Pausa-café - 19:30 h: Obradoiro de esporadas e observación co microscopio. - 21:00 h: Cea - 23:00 h: Descanso *2º DIA (domingo) - 08:30 h: Almorzo - 09:30 h: Saída ó campo ( Monte de Forgoselo) - 13:00 h: Receitas sinxelas de cociña con cogumelos - 14:30 h: Xantar - 16:00 h: Posta en común e avaliación - 17:00 h: Remate do curso e despedida. |