Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Cursos en Alvarella: iniciación á micoloxía
Sábado, 22. Outubro 2011, 10:30

Curso de Iniciación á Micoloxía no alberque Alvarella (22 e 23 de outubro de 2011)

PRESENTACIÓN

A finalidade deste curso é espertar a curiosidade sobre a vida dos fungos que,
como a maioría dos elementos que conforman a Natureza, seguen a ser grandes
descoñecidas.
A nosa intención é que, cunha serie de nocións básicas para a súa observación e
identificación, podamos achegarnos máis ao seu contorno, e que á forza de coñecelos
tamén as respetemos.
Por outra banda, e de un modo máis específico, intentaremos fomentar o estudio,
para que deste xeito, os asistentes podan decatarse da súa existencia, facilitando o seu
descubrimento, favorecendo o seu interese por coñecelas e por protexelas.

OBXECTIVOS

• Fomentar o respeto pola Natureza, convivindo con ela activamente.
• Desenvolver actitudes medioambientais, valorando e respetando o contorno no
que vivimos.
• Facer realidade unha aprendizaxe activa en base á observación e
experimentación.
• Achegar ós participantes o mundo da Micoloxía e aprender a identificar as
principais especies de fungos do noso contorno.
• Facilitar a organización de recunchos para o estudio e identificación dos fungos.

CONTIDOS
• Introducción ó reino dos fungos: características xerais.
• Estratexias para a identificación dos cogumelos.
• Os cogumelos nos principais ecosistemas galegos.
• Especies comestibles e perigosas de cogumelos en Galicia.
• Receitas de cociña caseiras con cogumelos.
• Aplicación didáctica para o ámbito educativo.
POÑENTE: Jorge Gude Armas (educador ambiental)

METODOLOXÍA

Este curso será eminentemente práctico, alternando a parte teórica coas
diferentes saídas ó campo e obradoiros que se realizarán ao longo do mesmo.

DURACIÓN

O curso relizarase durante unha fin de semana, comenzando o sábado pola
mañá ata o domingo pola tarde. As persoas que o desexen poderían cear e pernoctar
en Alvarella a noite do venres.

PREZO: 50 €.

O prezo inclúe a asistencia ás dúas xornadas do curso coa documentación e
material correspondentes, así como o aloxamento e pensión completa.
Os/As participantes deberán vir provistos de calzado e roupa cómodas para as
saídas ó campo.
As persoas que desexen cear e pernoctar en Alvarella o venres 21 terán que
pagar un suplemento de 10 €.

• Forma de pago: No número de conta de “La Caixa”: 2100 — 4876 — 05 — 2200011819; a nome de
Alvarella Ecoturismo S. L (especificando o nome do/a matriculado/a). Contacto:
Tfno/Fax 981-784563
Móvil 648-925-134 ou no e-mail : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
• Data límite de pago: luns 17 de outubro de 2011.
• Prazas limitadas.

PROGRAMA
*1º DIA (sábado)
- 10:30 h: Presentación do curso
- 10:45 h: Charla sobre o mundo dos cogumelos
- 12:00 h: Pausa-café
- 12:30 h: Saída ó campo (finca Alvarella)
- 14:30 h: Xantar.
- 16:00 h: Charla sobre identificación de cogumelos.
- 17:00 h: Saída ó campo (rota polo contorno de Alvarella)
- 19:00 h: Pausa-café
- 19:30 h: Obradoiro de esporadas e observación co microscopio.
- 21:00 h: Cea
- 23:00 h: Descanso
*2º DIA (domingo)
- 08:30 h: Almorzo
- 09:30 h: Saída ó campo ( Monte de Forgoselo)
- 13:00 h: Receitas sinxelas de cociña con cogumelos
- 14:30 h: Xantar
- 16:00 h: Posta en común e avaliación
- 17:00 h: Remate do curso e despedida.

Localización : http://www.alvarella.com/indice.htm

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA