Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
VI Mercado ecolóxico en defensa da terra en Quilmas
Venres, 29. Marzo 2013, 10:00

Quilmas acolle a IV edición do Mercado Ecolóxico Tradicional o venres 29 de Marzo. Este mercado enmárcase nunha ristra de eventos que terán lugar nos vindeiros 6 meses onde acogollaremos na nosa aldeia un compendio dos diferentes movementos que están a xirar e traballar ao redor da agroecoloxía na Galiza. as labregas, apicultoras, artesás dos alimentos e da natureza e colectivos que traballan a cotío pola defensa do medio ambiente, teñen nestes eventos un espazo para a mostra, a divulgación e a conexión de ideias co público en xeral. As persoas que teñan inquedanzas nos xeitos de produción de alimentos ecolóxicos ou en movementos de acción medioambiental e sostibilidade práctica, en proxectos pola defensa da terra...

VImercadoquilmas

Tamén nestes mercados há espazo para o lecer, para desfrutar da contorna descubrindo a aldeia da Curra, as praias antigas de Quilmas e Panchés, o Porto natural de Quilmas, as múltiples cabaceiras que evocan eses tempos onde estaban cheias de alimentos e, polo tanto, cando as leiras eran mosaicos de cultivares coridos perfilados por sebes e muros de pedra.

Dende A Explanada do Campo da Feira, enclavada aos pés do Monte Pindo, accédese a varias rotas para descubrir través de sendeiros antigos, camiños de "a pé" que comunican Quilmas con Caldebarcos ou que suben á Moa (punto máis elevado do macizo con 625 m de altitude)... e pensar que a xente de Quilmas ía no verán até o Chan da Moa coas vacas, por esas ladeiras de pedra, pasando polo Chan das Lamas, pola Casa da Raíña Lupa, polo Chan de Lourenzo e polos Muros de Arriba para chegaren onde se mantiña fresco o pasto verde-mol!!

A vindeira semana poremos á vosa disposición a relación de participantes. Dende a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas e da Coop. de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa animámosvos a achegarvos!

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA