Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Plantación de árbores autóctonas en Maceda
Sábado, 2. Marzo 2013, 09:30

Dende a directiva da Asociación Cultural e Deportiva VIA XVIII e coa inestimable colaboración da ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA DE MACEDA e o CONCELLO DE MACEDA, comunicámosvos que o próximo sábado día 2 de marzo de 2013, esta entidade levará a cabo a plantación dunha hectárea de árbores (especies autóctonas que se adaptan o clima e altitude da zona) no monte comunal de Castro de Escuadro o pé da serra de San Mamede.

Dada a magnitude do proxecto posto que implica plantar aproximadamente unhas 1.000 plantas para conseguir repoboar unha hectárea de terreo, precisamos da colaboración de toda aquelas persoas que queiran ser solidarias co proxecto.

LUGAR DE REUNIÓN: Centro Social de Castro de Escuadro.

DATA:  Sábado 2 de Marzo de 2013.

HORA: 9:30 h (da mañá)

OBSERVACIÓNS:

-          Prégase que cada persoa traiga da casa (si dispón dela) algunha aixada ou sacho para poder facer a prantación. Dende a organización trataremos de ter algunhas disponibles para quen non dispoña dela.

-          Recoméndase  traer roupa de abrigo e impermeable por si as condicións climatolóxicas non acompañan e algunha roupa para cambiarse  de volta no coche por si chove.

Confirmar asistencia antes do venres día 1 de Marzo de 2013 no mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (neste mail tamén podedes consultar calquera dúbida que teñades).

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA