Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro de ADEGA-Lugo ao Pico Sacro
Domingo, 20. Xaneiro 2013, 09:00

pico sacroEste domingo 20 de xaneiro, ADEGA Lugo levaranos de roteiro ao Pico Sacro, outro dos lugares máxicos da nosa xeografía que forma parte do programa de roteiros da Galiza Máxica 2012-1013. Este emblemático elemento xeomorfolóxico pertence ao concello de Boqueixón e marca a última etapa da Ruta da Prata cara a Santiago. Está considerado o monte máxico de Galiza e lugar de morada da Raíña Lupa. Para reservar praza debedes chamar previamente ao 679113718 ou ao 982240299. Desta volta, o autobús fará unha parada en Compostela previa á andaina, ás 10.30 horas da mañá. Descarga o pdfCARTAZ.

SAÍDA
O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado (Av. Ramón Ferreiro) de Lugo ás 9.00 h. Está previsto que ás 10.30 horas faga unha parada no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela para recoller a máis persoas. En todos os casos haberá que reservar praza chamando antes do venres ao  982240299 ou ao 679113718.
PREZOS
Xeral: 15€
Estudantes, xubilados e no paro: 12€
Socios/as: 10€
Ata 17 anos: 5€
 

Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de todos/as!

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO

  • 17 Febreiro: O Incio (Trabe d´ouro)               
  • 17 Marzo: Ribeira Sacra (Doade)                          
  • 28 Abril: O Cebreiro (Ancares)
  • 23 Xuño: Allariz (Sta Mariña de Augas Santas)

 +info: roteirosadegalugo.blogaliza.org

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA