Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Outro consumo é posíbel: Palestra na Coruña
Mércores, 19. Decembro 2012, 20:00
outro consumo e posible copyO mércores 19 de decembro ás 20h ADEGA organiza un acto sobre o consumo baixo o título “Outro consumo é posible”, no que se abordará outra forma de consumir no noso día a día na que se tén en conta as consecuencias deste consumo tanto a nivel social, como medioambiental.

Empezaremos cunha introducción sobre as repercusións do noso consumo no día a día, para dar paso a  proxección do documental “A historia das Cousas”, que fai un percorrido polo ciclo de vida dos produto: extracción, venta, uso e eliminación, co que podemos tomar conciencia dos efectos que ten o noso consumo. O documental tamén nos introduce termos como a obsolescencia programada e a obsolescencia estética.

Máis tarde un membro de Fiare explicará o proxecto e as alternativas que existen na banca ética. Dende a Cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca falarannos do seu proxecto e de como a través da nosa compra en alimentación podemos cambiar o coidado que lle estamos dando a nosa terra, a nosa relación cos labregos e a nosa saúde. Para rematar a coordinadora de Roupa Limpa Galicia falaranos sobre o que hai detrás de cada prenda de roupa que mercamos,finalmente abriremos un debate co público.

Se estás interesado en ver como podes cambiar a nosa sociedade co noso consumo. anímate e vén o mércores 19 de decembro ao local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda na rúa Olmos 16-18 1º."
Localización : http://www.facebook.com/events/455175371196374/?context=create

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA