Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
III Feira da sustentabilidade na UDC
Mércores, 12. Decembro 2012, 11:00 - 19:00

II feira UDCAproveitando a chegada do Nadal, o 12 de decembro de 11:00 a 19:00h celebrarase na Facultade de económicas da UDC a III Feira da Sustentabilidade, co fin de achegar á universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable.

Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente. Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo dos artesáns. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.

Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros como elaboración de cosméticos naturais, elaboración de obxectos a partir de papel reutilizado con técnicas de cestería e coñecer os xogos tradicionais.

Un membro do Proxecto Fiare nos explicará en que consiste o proxecto da banca ética nunha charla-debate.

E por ultimo, poderemos trocar os obxectos que xa non precisamos nun mercadiño de troco.

Programa da Feira:

- 11.00 h Apertura da III Feira de Nadal
- 11:15 h Inauguración da III Feira de Nada
- 11.30 h Charla- debate: Fiare, Banca ética (a cargo de Raúl Asegurado, presidente da asociación Fiare Galiza) Aula O.5
- 12.30 h Obradoiro: Cestería con papel. FEITO CON XEITO. 1º Andar
- 17:00 h Obradoiro: Cosméticos naturais. ADEGA. 1º Andar

Ademais, en horario continuado levarase a cabo:

- Exposición de xogos tradicionais. A casa dos xogos. 1º Andar
- Mercadiño de Troco. 1º Andar
19:00 h Peche da Feira

¡ESPERÁMOSVOS!


Localización : http://sustentabilidadenaudc.blogspot.com.es/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA