Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Asemblea Popular da República Ecolóxica do Alto Ulla
Sábado, 1. Decembro 2012, 11:00 - 18:00

Rematando practicamente o ano 2012, ao igual que fixeramos a finais do ano 2011, é a nosa intención propiciar un encontro de todas aquelas persoas que vindes ás actividades que se organizan na Eira, e mesmo daquelas nas que este proxecto esperta algún tipo de interese e que polo motivo que fora, aínda non visitaron o equipamento.

Os obxectivos xerais desta xuntanza son claros:

  • Avaliar cualitativa e cuantitativamente as actividades realizadas durante este último ano.
  • Programar actividades para o vindeiro ano para darlle vida a este equipamento de educación ambiental, desenvolvemento cultural e local.

Para elo precisamos de ti, de vós… de xente que aporte as súas opinións, faga propostas e mesmo se implique na implementación de novos proxectos na Eira da Xoana.
Máis que nunca quizais é importante contar coa vosa presenza coma observadores no funcionar deste PROXECTO COLECTIVO.
Así que, non o dubides máis, achégate o vindeiro sábado á Eira da Xoana, e contribúe a poder seguir facendo realidade esta «Utopía» no que xa vimos a denominar coma «República Independente do Alto Ulla».
Agardámoste!

PROGRAMA:

11.00 h => Comezo das activades comunitarias

14.30 h => Xantar. Cadaquén levará comida para compartir. Haberá queixo con marmelo e café. Aportación solidaria 3 €.

16.30 h => Asemblea Popular. Orde do día:

  1. Análise das actividades realizadas
  2. Propostas para o futuro
  3. Varios

18.00 h => Remate da Actividade

Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA