Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
ADEGA-Ferrolterra recolle sinaturas conta a incineración
Sábado, 27. Outubro 2012, 10:30

ADEGA-Ferrolterra recolle sinaturas conta a incineración.

ADEGA-Ferrolterra colocará este sábado día 27 a partir das 10:30h na Praza de Armas de Ferrol, unha mesa para recoller sinaturas en contra da incineración e a favor das 3 “R”.

Ferrol, 25 de Outubro de 2012.- A delegación de Ferrolterra da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) estará na rúa dende as 10:30h do sábado para recoller sinaturas en contra da incineración e a favor da reducción, reutilización e reciclaxe. Estas sinaturas son recollidas para unha iniciativa lexislativa popular (I.L.P.) que ADEGA, entre outros colectivos, está a levar a cabo dende mediados de xuño en toda Galiza. Verdegaia e a Sociedade Galega de Historia Natural tamén colaborarán no acto.

 O obxectivo que persigue esta campaña é dar forza xurídica á reciclaxe, desbotar a incineración que pretende o PP, e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos. Para o seu debate no Parlamento, débense recoller un mínimo de 15.000 sinaturas, polo que dende ADEGA animamos a toda a cidadanía censada en Galiza a achegarse pola Praza de Armas ferrolá a mañan do vindeiro sábado, ou a poñerse en contacto con ADEGA ou calqueira otro dos colectivos que apoian esta iniciativa para asinar.

Máis info en: http://adega.gal/info/090121joomla/areas-tematicas/residuos-contaminacion/821-asina-a-ilp-contra-a-incineracion-e-pola-aplicacion-efectiva-dos-3r

Ou en: http://galizasenincineracion.wordpress.com/

Contacto:
  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ;
Xandro: 660859493; Serxio: 662428976
Localización : Praza de Armas de Ferrol (a partir das 10:30h)

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA