Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Recollida de sinaturas a prol da reciclaxe e contra a incineración
Xoves, 27. Setembro 2012, 18:00

Xoves 27 de setembro - RECOLLIDA DE SINATURAS A PROL DA RECICLAXE E CONTRA A INCINERACIÓN

Dende mediados de xullo, está en marcha a recollida de sinaturas dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) para a APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA. Promovida por unha manchea de organizacións ecoloxistas e sociais galegas, queremos dar forza xurídica á reciclaxe, desbotar a incineración que pretende o PP e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos.

O desbotamento da incineradora no Irixo por parte da Xunta e a proba do éxito da nosa mobilización, mais mentres este sexa o sistema de tratamento preferido polo governo, ningunha comarca galega estará libre de fumes tóxicos. Hai que rematar coa incineración!

Este xoves día 27 de setembro, levaremos a cabo unha xornada galega de recollida de sinaturas con mesas en diferentes vilas e cidades do País. É importante que alén de asinar, colaboredes na recolla de sinaturas e levardes tamén algún prego. Lugares e horarios das mesas:

De 18 a 20:30, COMPOSTELA, praza do Toural
De 18 a 20, PONTEVEDRA, praza da Peregrina
A partir das 17h , LUGO, campus universitario (biblioteca e facultade de veterinaria)
De 18 a 20h en VIGO, Vigo na rúa Príncipe, a altura do MARCO
De 12 a 14, no CARBALLIÑO, Praza Maior
De 18 a 20:30 en LALÍN, Rosalía de Castro
De 18 a 20h en OURENSE na rúa do Paseo, a carón da Subdelegación de Defensa

Fai ouvir a túa voz no Parlamento e asina para rematar coa incineración!

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA