Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro polo Monte Pindo
Sábado, 22. Setembro 2012, 10:00

Ven de roteiro con nós coñecer todos os misterios do Monte Pindo!

 
A Asociación Monte Pindo Parque Natural convídate a acompañarnos nun macroroteiro que desenvolveremos o sábado 22 de setembro polo Monte Pindo desde as 08:00 10:00 horas con saída e chegada no lugar do Fieiro.

Trátase dun roteiro circular un chisco máis longo do habitual, deseñado para visitar algúns dos puntos máis interesantes da orografía do monte sacro dos nosos antergos, algúns deles aos que é difícil chegar sen guías experimentados, coma o Pico Penafiel ou a Cova da Xoana. Por suposto a comitiva fará cumio na Laxe da Moa.

A asistencia por suposto é libre e gratuita. Os participantes deberán traer o seu xantar, roupa e calzado cómodos e acaídos ás condicións meteorolóxicas do día, e auga.

Con esta iniciativa, a Asociación Monte Pindo pretende ademais instruir aos veciños e visitantes inexpertos nas súas visitas ao Olimpo Celta, e evitarmos os recorrentes episodios de extravíos como o que se viviu o pasado sábado, no cal catro mozos da bisbarra perdéronse a última hora da tarde e tiveron que agardar ao mencer polo rescate, cando xa amosaban síntomas de hipotermia.

Mentras que o Monte Pindo non sexa Parque Natural e por tanto mentras non se corrixan os graves déficits na súa sinalización, a formación é o único xeito de minimizar o risco de perderse, por iso animamos a veciños e visitantes a acompañarnos neste roteiro que, sen dúbida, non deixará a ninguén indiferente.
 
Asociación Monte Pindo Parque Natural
O Rabecho s/n, 15296 O Pindo (Carnota) A CORUÑA
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   |  www.montepindo.org

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA