Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Concentración n'O Barco en defensa dos nosos montes
Mércores, 15. Agosto 2012, 12:00 - 17:00
lumes-barco-concA Alianza por un Medio Rural Galego Vivo, formada por ADEGA, a CIG , a FRUGA (Federación Rural Galega) e a ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades Veciñais de Montes en Man Común) convoca unha concentración para o próximo 15 de agosto ás 12h diante da Casa Grande de Viloira en O Barco.
 
A concentración faise como repulsa ao gravísimo incendio forestal que se produciu na última fin de semana que arrasou preto de 2.000 hectáreas, queimou casas, puxo en perigo a vida das persoas e representou unha verdadeira traxedia, mais tamén como rexeitamento e condena da actual política de prevención e extinción de incendios da Xunta de Galiza, que desmantelou boa parte das brigadas de extinción, que fixo nula política preventiva, que varreu as Brigadas de Investigación de Incendios Forestais e que só se adica, nun claro exemplo de oportunismo e populismo, a pedir maiores condeas, no canto de realmente acometer unha política de prevención axeitada.
 
Para maior abundamento nesta política torpe, veñen de aprobar unha Lei de Montes sen consenso social algún, que vai permitir o cultivo extensivo de especies foráneas de crecemento rápido, a forestación de terras agrarias e a redución das distancias de seguridade que establecía a anterior Lei de Incendios.
 
Facemos un chamado a todas as organizacións sociais, políticas, veciñais e, en definitiva, a toda a sociedade civil, para participar, en clave de autoconvocatoria, nesta concentración que pretende demostrar que a sociedade está viva e que non imos permitir a destrución do noso país.

 

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA